Historia de Galicia: Gremios, Crise do Século XIV e Conflito Irmandiño
Que era o gremio e que función tiña?
Eran agrupacións por oficios que formaron os artesáns coa finalidade de regulamentar a produción, os prezos e a calidade dos productos. Establecía ríxidas condicións para o acceso á práctica dos oficios (mestres, oficiais, aprendices).
No caso de accidente, o gremio podía axudar a unha persoa.
Cales foron as causas da crise demográfica e económica do século XIV?
Demográfica: debido ás mortalidades provocadas pola fame e polas epidemias de peste.
Económica: debido ao descenso da poboación pola fame e a peste (os cultivos retrocederon, as rendas e fortunas nobiliarias e eclesiásticas diminuíron, os negocios e as rendas caeron progresivamente).