Historia de Galicia: Gremios, Crise do Século XIV e Conflito Irmandiño

Greek3.15 KB

Que era o gremio e que función tiña?

Eran agrupacións por oficios que formaron os artesáns coa finalidade de regulamentar a produción, os prezos e a calidade dos productos. Establecía ríxidas condicións para o acceso á práctica dos oficios (mestres, oficiais, aprendices).

No caso de accidente, o gremio podía axudar a unha persoa.

Cales foron as causas da crise demográfica e económica do século XIV?

  • Demográfica: debido ás mortalidades provocadas pola fame e polas epidemias de peste.

  • Económica: debido ao descenso da poboación pola fame e a peste (os cultivos retrocederon, as rendas e fortunas nobiliarias e eclesiásticas diminuíron, os negocios e as rendas caeron progresivamente).

Entre que datas e con que reis foi Galicia reino independente? Que razóns explican esta situación?

910-914 con Ordoño II; 926-929 con García. Foi consecuencia das partillas hereditarias realizadas polos monarcas astur-leoneses.

De onde procedían os patrimonios dos señores laicos galegos? E os dos eclesiásticos?

Os dos laicos galegos procedían de doazóns reais como pagamento polos servizos prestados e da entrega de terras dos campesiños a cambio de protección.

Os eclesiásticos procederían de doazóns de fieis e de compras ou concesións dos reis.

Que eran os foros?

Contratos para as granxas e terras que se xeneralizaron a partir do século XIII.

Son a longo prazo.

Que tipo de poder exercía o bispo Xelmírez na terra de Santiago? Estaban conformes os santiagueses co seu poderío? Por que?

Organizaba as peregrinacións, redactaba ordenanzas municipais e normas para os gremios, mellorou os camiños, concedeu cartas forais, mandou construír unha flota para protexer os portos do seu señorío, deu un importante impulso construtivo á catedral e incluso acuñou moeda.

Non, os santiagueses estaban en contra polas actuacións abusivas do seu prelado.

Por que Santiago de Compostela foi o principal centro de peregrinación do occidente europeo? A partir de que data se incrementaron as peregrinacións?

Non hai contido para esta pregunta.

Que zonas foron as máis beneficiadas polo desenvolvemento urbano? Que monarcas destacaron na concesión de cartas forais?

As zonas foron:

  • Sés episcopais (onde residía un bispo)
  • O Camiño de Santiago
  • A costa, con cidades do rei: A Coruña, Baiona, Ribadeo

Fernando II e Afonso IX.

Cales foron as principais causas das dificultades do século XIV en Galicia?

As causas foron a fame, a peste (chegou por Baiona e houbo malas colleitas), as guerras dinásticas (a guerra de Pedro I, Henrique II de Trastámara) e as revoltas sociais (levantamentos contra os bispos).

Elabora un breve informe sobre o conflito irmandiño: orixe, obxectivos, desenvolvemento e balance final.

Revolta social que comezou nas cidades coas irmandades e se estendeu ao campo cos campesiños. Derrotaron aos nobres e destruíron fortalezas. Os nobres fuxiron a Portugal, pero volveron e derrotaron aos irmandiños.

Download

PDF Word HTML