Tema 6
1) O coñecemento científico
- A ciencia moderna comezou a desenvolverse no século XVII, despois da Revolución Científica.
- A ciencia é unha actividade investigadora que se basea na observación e na experiencia para producir coñecemento.
- O seu obxectivo é atopar leis matemáticas que marcan o funcionamento da natureza.
- Ciencias formais: ocúpanse de obxectos abstractos, que non existen na realidade natural (matemáticas, lóxica).
- Ciencias empíricas: ocúpanse de feitos que podemos coñecer coa experiencia (física, química, historia, socioloxía).
- Ciencias naturais: ocúpanse de obxectos presentes no mundo físico que se poden investigar experimentalmente (física, xeoloxía).
- A explicación pretende conectar fenómenos mediante leis causais. Estas leis permítennos predicir con precisión os acontecementos futuros mediante fórmulas.
- Ciencias humanas: tratan do ser humano e da sociedade desde diferentes perspectivas (historia, antropoloxía cultural).
- Estas ciencias pretenden comprender, non explicar.
- O obxectivo da comprensión é coñecer as motivacións e o significado das realidades humanas e sociais.
- A comprensión emprega o método hermenéutico, que consiste na interpretación dos feitos.
- Método hipotético-deductivo:
- Definición do problema
- Formulación de hipóteses
- Contrastación das hipóteses mediante experimentos
- Obtención de conclusións
- Unha lei científica é a expresión dunha regularidade nos acontecementos naturais.
- Unha teoría científica articula diferentes leis, feitos e observacións rexistradas nun ámbito concreto da natureza.
- Un paradigma científico é un conxunto de diversas teorías relacionadas entre si que permiten explicar globalmente a realidade.
O indutivismo (fronte ao falsacionismo)
- A rama da filosofía que estuda o coñecemento chámase gnoseoloxía, e a que analiza a ciencia chámase epistemoloxía.
- O indutivismo afirma que a ciencia se constrúe mediante razoamentos que, partindo dos casos particulares dados pola experiencia, tratan de obter conclusións aplicando a xeneralización.
- Un dos máis influentes foi Francis Bacon, a comezos do século XVII. No século XIX, o filósofo John Stuart Mill defendeu tamén o indutivismo como procedemento básico para o avance das ciencias.
- Ainda que a formulación básica resulta fácil de comprender, é moi difícil xustificar o proceso de xeneralización. Esta dificultade coñécese como o problema da indución (nunca podemos analizar todos os casos posibles dunha xeneralización científica).
O falsacionismo
- É unha teoría epistemolóxica proposta por Karl Popper a mediados do século XX. Antes de Popper, creíase que a ciencia avanzaba cando conseguía algunha afirmación. Popper rexeitou o indutivismo.
- El dicía que nunca podemos estar seguros de que unha xeneralización é completamente certa.
- El cría que os enunciados científicos só teñen unha validez provisional.
- Segundo Popper, os experimentos non poden nunca verificar completamente unha afirmación, pero sí que poden falsar, demostrando que non é certa.
A técnica
- A ciencia ten como obxectivo a produción de coñecemento válido.
- O propósito da técnica é fundamentalmente práctico.