A radicalización da Revolución francesa

Greek3.07 KB

A Convención (1792-1794)

Tras a revolta popular de agosto de 1792, elixiuse por sufraxio universal masculino unha nova asemblea, chamada Convención. Dividiuse en dúas etapas:

Convención xirondina (1792-1793)

  • Estaba dirixida por republicanos moderados.
  • Proclamouse a república e executouse a Luís XVI.
  • Formouse a Primeira Coalición contra Francia.
  • Houbo un levantamento realista e ultracatólico.

Convención xacobina (1793-1794)

  • Gobernaron os montañeses, liderados por Robespierre, tras un golpe de Estado.
  • Aprobaron unha Constitución democrática e Robespierre implantou unha ditadura.
  • Implantouse o Terror: as persoas sospeitosas de non apoiar a República podían ser condenadas a morte.
  • Para frear a crise, estableceronse prezos máximos para os artigos de primeira necesidade e limitáronse os salarios.
  • Creouse un novo calendario.

Robespierre e os seus seguidores foron guillotinados en 1794.

O Directorio e a fin da Revolución (1795-1799)

Para evitar unha nova ditadura, instaurouse un goberno moderado, que aprobou a Constitución de 1795 ou do ano III. O poder lexislativo era exercido por dúas cámaras (Consello dos Cincocentos e Consello dos Anciáns), e o executivo, por un Directorio integrado por cinco membros.

Tras superar dúas conspiracións, a Conxura dos Iguais e a revolta liderada polos realistas, produciuse o golpe de Estado de Napoleón o 18 de brumario e estableceuse o Consulado.


A Europa napoleónica

O Consulado

Napoleón acaparou o poder e en 1802 proclamouse cónsul vitalicio. Para modernizar o país, elaborou un código civil, creou o Banco de Francia e asinou un concordato coa Santa Sé.

O Imperio napoleónico

En 1804 o Consulado nomeou a Napoleón emperador hereditario. Desenvolveu unha política expansionista, logrou a hexemonía no continente e estableceu un bloqueo comercial a Inglaterra. En 1813 foi vencido en Leipzig por unha coalición entre Reino Unido, Prusia, Rusia e Austria. Abdicou en 1814 e Luís XVIII ocupou o trono de Francia.

A Restauración

Despois da derrota de Napoleón restauráronse as vellas monarquías e volveuse ao Antigo Réxime. Abolíronse as constitucións, as grandes potencias acordaron intervir noutro país se unha monarquía lexítima estaba ameazada e organizáronse congresos internacionais.

O Congreso de Viena e as alianzas internacionais

As principais potencias europeas reuníronse no Congreso de Viena (1814-1815) para garantir unha paz duradeira e evitar revolucións. Nel remodelouse o mapa de Europa. Tamén se crearon dous bloques distintos:

  • A Santa Alianza (Prusia, Rusia e Austria) era antiliberal e os membros comprometíanse a defender o absolutismo.
  • A Cuádrupla Alianza (Reino Unido, Prusia, Rusia e Austria, e Francia a partir de 1818, converteuse na Quíntupla Alianza) tiña un carácter militar.

Download

PDF Word HTML