Impacto do Colonialismo e as Reformas de Gorbachov
Impacto sobre os pobos colonizados
Ámbito económico: A presenza occidental supuxo a imposición dunha economía de mercado, con condicións favorables á metrópole.
Implicou a expropiación de terras aos nativos, a espoliación das riquezas naturais e o inicio dunha dependencia económica.
As metrópoles impulsaron a construción de grandes infraestruturas para explotar e comunicar os territorios conquistados. Os nativos vivían en condicións de semiescravitude.
Ámbito político e social: A administración colonial puxo fin ás estruturas e xerarquías tribais e impuxo unha nova elite dirixente. Esta só tiña contacto coas elites locais, a cambio da súa fidelidade. O establecemento de límites uniu etnias enfrontadas ou dividiu antigas nacións, ao crear numerosas fronteiras artificiais que xerou moitos conflitos.
As vacinas, as medidas hixiénicas e a construción de hospitais reduciron a mortalidade e favoreceron o aumento da poboación.
Ámbito cultural: A imposición dunha nova lingua, do cristianismo e da forma de vida europeas afectou as crenzas e tradicións das poboacións autóctonas, producíndose unha notable aculturación.
A difusión do ensino contribuíu a combater o analfabetismo dos nativos; o seu obxectivo era inculcar a superioridade dos valores da civilización occidental.
As reformas de Gorbachov
Gorbachov, no ano 1985, iniciou a chamada Perestroika, que prometía uns cambios moi profundos na sociedade. O novo líder quería que o pobo tivese coñecemento das reformas e participase nelas, impulsando unha política de transparencia chamada Glasnost.
Os cambios foron:
- Na política interior: formas de goberno parlamentarias e democráticas. Tendeuse a suavizar o monopolio do PCUS e promoveuse a participación política da poboación. Permitiuse que os medios de comunicación difundisen noticias que antes se censuraban.
- Na política exterior: manifestouse o desexo de abandonar a guerra, o uso da forza e de abrir relacións amigables co resto de países.
- Na economía: aumentouse a produción e a produtividade. Quixo introducir incentivos salariais e promover formas de propiedade individual e relacións de mercado libre.
A cohesión nun estado federal da URSS, que representaba moi diversas nacionalidades, estableceu unha relación máis equilibrada entre as diversas repúblicas.
Ao pasar dun mercado planificado a un mercado libre, xurdiron problemas que desgustaron a algúns sectores da poboación. A URSS podía desintegrarse por mor das novas relacións máis libres.