Termos Fundamentais de Xeografía Económica e Rexional
Classified in Other languages
Written on in
English with a size of 4.67 KB
Vocabulario de Xeografía Económica e Urbana
- Difusión industrial
- Fenómeno que consiste na expansión da industria desde unha área industrial central cara á periferia seguindo os eixos que marcan as principais vías de comunicación.
- Economía sumerxida
- Actividade económica ilegal, non suxeita a control fiscal, que busca non pagar impostos e se beneficia da existencia de bolsas de desemprego, o que permite pagar salarios baixos.
- Economía de escala
- Capacidade que ten unha empresa cando acada un nivel óptimo de produción para ir producindo máis a menor custo; ou sexa, a medida que a produción nunha empresa medra (zapatos, chicles, bastóns, caixas de mistos…), os seus custos por unidade producida redúcense. Canto máis produce, menos lle