Características lingüísticas dos bloques dialectais galegos
Classified in Other languages
Written on in
English with a size of 3.56 KB
Bloque Occidental
- Existencia de gheada (ghato, amigho) que nas vilas costeiras presenta en lugar da aspiración un son semellante ao [x] castelán.
- Seseo implosivo (lus, des). Hai seseo explosivo nas zonas máis costeiras (faser, vesiño).
- Terminación AN(S) para os dous xéneros en formas como o irmán / a irmán.
- Plural -NS: cans, avións.
- Pronome suxeito TU.
- Vocal temática analóxica -E- en formas como colleches, vendestes en vez de colliches e vendistes.
- Realización no ditongo UI do grupo latino -ULT-: muito, truita, luita (parte sur).
- Cheismo (na área de Fisterra): utilización do che tanto para o OD coma para o OI (vínche pola noite).
- Teísmo (na área límite con Portugal): utilización do te tanto para o OD coma para o OI (colleute a bicicleta).
- Tamén son características do bloque: a alteración do timbre vocálico etimolóxico (metafonía) sogro / sogra.
- Formas verbais con -N- analóxico na 1ª persoa: cantein / cantín.
- Formas foches, fostes con vocal O no radical en vez de fuches.
Bloque Central
- Ausencia de gheada.
- Ausencia de seseo, agás o implosivo (lus, des) nalgunhas zonas da Coruña e seseo explosivo na bisbarra de Santiago (faser, vesiño).
- Terminación AO(S) para o masculino e Á para o feminino en formas como o irmao / a irmá.
- Plural -S para os nomes acabados en N: cas, aviós.
- Pronome suxeito TU.
- Vocal temática analóxica -I- en formas como colliches, partiches.
- Realización no ditongo OI do grupo latino -ULT-: moito, troita, loito.
- Sufixo de número persoal -des na 2ª persoa do plural (cantades) e -ndes (cantandes). Nalgunha zona oriental podemos atopar a terminación -is (cantais, cantabais).
Bloque Oriental
- Ausencia de gheada.
- Ausencia de seseo.
- Terminación IN por -iño: camín, vecín (agás na parte sur deste bloque).
- Formas como caxa, baxar... no canto de caixa, baixar.
- Plural -IS para os nomes acabados en N: cais, avióis.
- Plural -IS para os nomes acabados en L: sois, animais (en Asturias emprégase -les: animales).
- Pronome suxeito TU.
- Formas verbais incrementadas co -n (cantein, hein).
- Realización no ditongo OI / UI / U do grupo latino -ULT-: moito, truita, luta.
- Conservación do wau en cua, gua: cuatro, guardar.
- Sufixo -is na 2ª persoa do plural (cantais, cantabais) e -i para o imperativo: cantai, collei.