O galego: historia, normalización e recuperación no século XX e XXI
Classified in Other languages
Written on in
English with a size of 3.14 KB
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX caracterízase por un importante avance no proceso de recuperación da lingua galega. Hai catro institucións que van influír nel:
- Irmandades da Fala: aparecen en 1916 en A Coruña como unha agrupación ideolóxica nacionalista e agrarista. Os seus obxectivos son a dignificación e revalorización do idioma e a expansión do seu uso. Tiveron un papel dinamizador en todo tipo de iniciativas normalizadoras, como o Seminario de Estudos Galegos ou a revista Nós.
- Grupo Nós: serán os auténticos protagonistas da universalización e da europeización da cultura galega. Cautelo, Risco e Otero Pedrayo, ademais de ser creadores da moderna prosa literaria en lingua galega, van estender o galego a campos restrinxidos grazas á revista Nós.
- Seminario de Estudos Galegos: unha iniciativa paralela e complementaria do proxecto Nós, que ten como obxectivo o estudo de tódalas manifestacións da cultura galega, tendo a formación de investigadores e a divulgación dos resultados dos seus traballos.
- Partido Galeguista: nace en 1931 coa finalidade de defender a lingua e contribuír á súa expansión, e a dignificación social, e defende o dereito ao uso da lingua e á súa cooficialidade co español. Os homes do Partido Galeguista elaboraron o Estatuto de Autonomía de 1936, pero o estalido da Guerra Civil provocou que nunca se levase á práctica.
Houbo un intento de afastamento e de depuración do castelán, o que trouxo o uso de hipergaleguismos, arcaísmos e lusismos. O estándar lingüístico actual está configurado xa nos escritos do Grupo Nós.
Galego a finais do século XX e comezos do XXI
Produciuse o recoñecemento oficial do galego. Este recoñecemento plasmouse no establecemento na Constitución española de 1978, que no seu artigo 3 establece a cooficialidade do galego xunto co castelán. A Lei de Normalización Lingüística de 1983 desenvolve o modelo lingüístico establecido no Estatuto, consagrándose así definitivamente unha cooficialidade asimétrica, dado que é obrigado o coñecemento do castelán.
Durante estes anos a lingua galega segue a perder falantes, debido a que un número importante de falantes galegos renuncian a transmitir a súa lingua aos fillos e a educalos en castelán. Non obstante, nos ámbitos urbanos o galego desempeña funcións que nunca antes tivera. Desde a transición política, a lingua galega ten un uso cada vez máis habitual na actividade política e pública, ten unha presenza importante na administración pública e a vida cultural desenvólvese en galego.
Hai que sumar os rapaces de procedencia urbana ou rural que foron educados en lingua galega, máis as familias que accederían á educación superior e a postos profesionais con prestixio social. Sen embargo, no aspecto cuantitativo esta corrente rexeneradora non compensa a perda de falantes que se produce pola ruptura da transmisión xeracional.