Réxime Demográfico e Sociedade no Antigo Réxime Español
Tema 4
2. Que caracteriza o réxime demográfico antigo?
As altas taxas de natalidade e de mortalidade facían que o crecemento da poboación fose moderado, xunto con bruscos descensos provocados por fames e epidemias, que producían unha elevada mortalidade catastrófica. Ao longo do século XVIII diminuíron as epidemias, pero continuaron as fames polo clima desfavorable (malas colleitas).
3. Durante o Antigo Réxime, cal foi o criterio básico de organización social?
Os criterios fundamentais de clasificación social e de prestixio viñan determinados pola función, o nacemento ou o honor que os individuos desempeñaban na sociedade. De acordo con estes criterios, a sociedade era estamental e estaba dividida en tres grupos ou estamentos: nobreza...