Literatura Galega: A Prosa da Xeración Nós e Os Seus Autores
Literatura 3
Proceso de normalización da prosa galega semellante ao da poesía do século anterior. Neste proceso interveñen as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Grupo Nós. Poñen en marcha editoriais (Nós, Celtiga e Lar). Os homes da Xeración Nós introduciron técnicas da narrativa europea.
Autores: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao e Rafael Dieste.
Otero Pedrayo
Dos temas: temática galega e temática non galega
Galega: narracións realistas onde ofrecen unha visión obxectiva da sociedade galega: “Pantelas, home libre”, “Contos do camiño e da rúa”, “O mesón dos ermos”.
Culturalistas: expón as súas ideas en “Escrito na neboa”, “A romaría de Xelmírez”, “Devalar”, “Os camiños da vida” e “Arredor de si”.
Non galega: “Fra Vernero” narra a vida dun personaxe histórico.
A súa obra complétase co seu labor de historiador: “Ensaio histórico sobre a cultura galega” e “Historia de Galicia”.
Vicente Risco
Didactismo. “Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros”, mundo de ultratumba e da momia Tutankamón. “O lobo da xente” e “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”, relacionadas con lendas tradicionais galegas dos mouros. En Nós apareceron fragmentos de “Os europeos en Abrantes”, onde critica a sociedade ourensá do momento.
A súa narrativa máis sobranceira é “O porco de pé”, sátira do ascenso da burguesía forana en Galicia. Nesta peza recolle o triunfo do materialismo sobre o intelecto a través de dúas figuras antagónicas: Don Celidonio e Alveiros.
Na súa produción ensaística destacan “Teoría do nacionalismo galego”, “Mitteleuropa” e “Leria”.
Amado Carballo
“Os pobres de Deus”
Narradores das Irmandades
López Abente: “O deputado por Beiramar”, “Buserana”.
Carré Alvarellos: “Naiciña”, “O home que deu vida a un morto”.
Lesta Meis: “Manecho da Rúa”, “Estevo”, “Abellas de ouro”.
Castelao
Obra de trama sinxela centrada no pobo, tratado con respecto e agarimo, baixo o humor. A súa obra narrativa iníciase con memorias en “Un ollo de vidro”, que describe, a través de personaxes de ultratumba, a sociedade galega do seu tempo. “Cousas” conta a historia da xente común, nas que a imaxe e o texto están interrelacionados. “Retrincos” son 5 relatos que complementan a súa narrativa curta, tratando 5 momentos da súa vida. “Os dous de sempre” é unha novela longa que narra a historia de Pedriño e Rañolas, as dúas personalidades do ser humano: a pasividade de Pedriño e a actividade de Rañolas.
Ensaios: “Sempre en Galiza”.
Rafael Dieste
“Dos arquivos do trasno”, que recolle influencias de Castelao.