Literatura Galega: Autores Clásicos e Correntes
O realismo popular de Anxel Fole
A escrita de Fole caracterízase polos seguintes trazos:
- Naturalismo lingüístico, adopta como modelo a lingua oral.
- Predilección polo conto como representación xenuína da cultura popular.
- Realismo narrativo. Os elementos fantásticos teñen sempre plena xustificación como produto das alucinacións e das crenzas.
- Influencia da linguaxe cinematográfica.
- Importancia outorgada á paisaxe.
"A lus do candil" funciona como xustificación e marco para o conxunto narrativo.
"Terra Brava. Contos da solaina"
O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro
Hai unha serie de trazos que converten a Cunqueiro no escritor galego dotado dun mundo literario máis persoal, así coma dun estilo e dunha técnica perfectamente distinguible.