Historia e Literatura Galega: Irmandades da Fala, Vangardas e Grupo Nós
TEMA 9
A comezos do século XX, Galicia segue sendo maioritariamente agraria, con cambios sociais: decadencia da fidalguía, ascenso da burguesía e organización do campesiñado e do proletariado.
Impúlsase a modernización económica (agricultura, gandaría e inicio da industrialización), aínda que continúa a emigración.
Xorden movementos galeguistas (Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista) que buscan autonomía e defensa da lingua.
O galego recupera prestixio cultural e uso público, culminando no Estatuto de Autonomía de 1936 (interrompido pola Guerra Civil).
A poesía das Irmandades da Fala
Antonio Noriega Varela
Estudou no seminario da súa vila natal, aínda que máis tarde abandonaría a carreira eclesiástica...