Teatro e Narrativa no Exilio Galego: Autores e Obras
Teatro no exilio
No exilio convivían duas propostas teatrais diferentes. Unha, de carácter máis popular, pretendía evocar a terra afastada mediante a recreación de costumes e tamén manter o orgullo da colectividade galega. Outra, de carácter máis culto, pretendía dotar as obras dunha validez universal, formulando conflitos e preocupacións que non son exclusivos do pobo galego.
Alfonso R. Castelao
Os vellos non deben namorarse é unha obra na que as liñas básicas son o gusto pola simetría estrutural e a expresión concentrada. O expresionismo e o simbolismo combínanse co humorismo e o folclorismo.
Castelao rexeita o protagonista-divo e prefire un protagonista popular, así como a idea de teatro como un espectáculo estilizado e integral. A obra está formada por tres lances independentes, enmarcados por un prólogo e un epílogo, que presentan tres versións dun mesmo esquema dramático: o vello que se namora dunha moza e a imposibilidade deses amores, que rematan coa morte do vello.
Eduardo Blanco Amor
Dirixiu diversas compañías en Bos Aires e é autor de varios textos publicados e reunidos en dous volumes: Farsas para títeres (1953) e Teatro pra xente (1975).
Farsas para títeres
Son obras non realistas, moi imaxinativas, de ritmo rápido e gran forza expresiva.
Teatro pra xente
Consta de catro pezas e tres contos escénicos, encadrados no realismo costumista.
Luis Seoane
Escribiu A Soldadeira, unha peza en tres actos de tema histórico e social, coa revolución irmandiña como pano de fondo.
Narrativa
A narrativa amosa unha clara preferencia polo tema da guerra civil, abordado con afán memorístico e un ton de denuncia e testemuña.
Ramón de Valenzuela Otero
Autor de Non agardarei por ninguén e Era tempo de apandar.
Silvio Santiago
Preso na guerra civil, fuxiu e exiliouse. É autor de dúas novelas memorialísticas: Vilardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O silencio redimido, sobre a súa aventura ao fuxir de España.
Ensaio
Castelao publicou en Arxentina unha obra fundamental, Sempre en Galiza, un ensaio marcado sempre pola condición de desterrado ou exiliado.
Luis Seoane
Escribiu varios estudos e artigos sobre figuras da pintura e das artes galegas.