Literatura Galega: Autores Clásicos e Correntes

Classified in Greek

Written on in English with a size of 3.31 KB

O realismo popular de Anxel Fole

A escrita de Fole caracterízase polos seguintes trazos:

  • Naturalismo lingüístico, adopta como modelo a lingua oral.
  • Predilección polo conto como representación xenuína da cultura popular.
  • Realismo narrativo. Os elementos fantásticos teñen sempre plena xustificación como produto das alucinacións e das crenzas.
  • Influencia da linguaxe cinematográfica.
  • Importancia outorgada á paisaxe.

"A lus do candil" funciona como xustificación e marco para o conxunto narrativo.

"Terra Brava. Contos da solaina"

O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro

Hai unha serie de trazos que converten a Cunqueiro no escritor galego dotado dun mundo literario máis persoal, así coma dun estilo e dunha técnica perfectamente distinguible. Eses trazos son:

  • Tendencia á disgregación da novela: As novelas de Cunqueiro constrúense mediante a acumulación de relatos argumentalmente inconexos.
  • Hibridación lúdica e por veces paródica de diferentes xéneros e fontes literarias do acervo universal: libros de cabalerías, contos folclóricos...
  • Predominancia da oralidade no estilo: O seu modelo hai que buscalo no conto de tradición oral.
  • Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía lúdica.
  • Humor e poeticidade.

"Merlín e Familia" é o exemplo máis claro do que chamamos disgregación da novela.

"As crónicas do Sochantre" posúe unha técnica narrativa semellante.

"Si o vello Sinbad vólvese ás illas..." é a novela que máis se aproxima aos trazos do xénero.

O realismo social de Eduardo Blanco Amor

Escribe "A esmorga" en Bos Aires e nesa cidade edítaa un ano despois ao impedir a censura franquista que o fixese na Galiza a editorial Galaxia.

"A esmorga" tivo diversas interpretacións.

Blanco Amor edita en Galiza "Os biosbardos". O libro está composto por sete contos caracterizados por unha forte homoxeneidade técnica e temática.

Blanco Amor considerou "Xente ao lonxe" a súa obra máis lograda, mais a que lle deu máis traballo.

A narrativa de Xosé Neira Vilas

Presenta varias particularidades diferenciadoras respecto dos autores da Nova Narrativa Galega. Móvese nun marco vivencial moi distinto. Non manifesta un afán renovador tan explícito e ofrece un tratamento cruamente realista. Tendo en conta as súas características técnicas e temáticas, acostúmase clasificar a súa narrativa en cinco grandes núcleos:

  • Primeiro núcleo: obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea, "Memorias dun neno labrego" e "Cartas a Lelo".
  • Segundo núcleo: o mundo rural observado desde o punto de vista dun adulto, "Xente no rodicio" e "A muller do ferro".
  • Terceiro núcleo: centrado no mundo da emigración, "Tempo novo" e "Relatos mariñeiros".
  • Cuarto núcleo: centrado no mundo urbano, "O home de pau".
  • Quinto núcleo: coleccións de estampas líricas e semblanzas, "Lar", "Nai" e "Pan".

Related entries: