Poesía e Prosa Galega entre 1936 e 1976: Renovadores e Xeracións

Greek13.78 KB

Poesía entre 1936 e 1976

A Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.

Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece case por completo a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural continúa só é posible no exilio, onde poetas como Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso.

Dentro de Galicia comeza unha tímida recuperación a partir de 1947 coa publicación de Cómaros verdes, o primeiro libro destacable pola súa calidade.

No 1949 sae en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro, e no ano seguinte constitúese a Editorial Galaxia, que abre o camiño para novas editoras en galego.

Esta anómala situación provoca que vexan a luz simultaneamente as obras de tres xeracións diferentes:

I. Xeración do 36

Poetas nados entre 1910-20; a guerra colleunos na súa xuventude e foron educados no ambiente cultural do nacionalismo de preguerra. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes. Forman parte dela, entre outros, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, etc.

II. Promoción de Enlace

Poetas nados entre 1920-30. Tampouco son un grupo coherente, cada quen trata de buscar o seu estilo. Formados culturalmente en castelán, escriben primeiro nas dúas linguas. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea. Algúns representantes son Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás...

III. Poetas das "Festas Minervais"

Nados entre 1930-40, non coñecen a Guerra Civil (Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, ou Méndez Ferrín...). Neles xa existe unha conciencia de grupo, implícanse en feitos colectivos como a restauración das Festas Minervais universitarias ou a creación do grupo Brais Pinto e colaboran no diario La Noche ou na colección Illa Nova de Galaxia. Mantéñense en contacto e comparten afinidades ideolóxicas; tamén contribúen a crear as organizacións nacionalistas de esquerdas.

Nun primeiro momento continúan tendencias poéticas de preguerra temáticamente non comprometidas: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista... Pouco a pouco irán aparecendo formas novas nesta posguerra (aínda que xa tratadas antes na nosa literatura): intimismo -seguindo a liña iniciada por Rosalía-, clasicismo...

A forma poética máis característica será a Escola da Tebra ou "poesía do neboeiro": poesía intimista de enfoque pesimista da vida que mestura contidos existencialistas e fórmulas surrealistas. A finais dos 50 xorde o realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo o camiño á poesía social realista. Esta será a liña temática absolutamente dominante ata a metade dos anos 70, cando comeza a súa decadencia pola abundancia e mais polo descenso de calidade poética, xa que remata por caer no vulgar e no empobrecemento da linguaxe.

Entre os autores pertencentes a cada unha das tres xeracións centrarémonos nos seguintes:

1. CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova, 1912-Vigo, 1979)

Aínda que o éxito da súa poesía social eclipsou o resto da súa obra, non foi a única temática que cultivou. Ten poesía intimista influenciada polo existencialismo: mostra un presente pesimista, cheo de soidade e desacougo, que o leva a sentir nostalxia da infancia perdida en Celanova; interrógase sobre o sentido da vida, reflexiona sobre o irremediable fuxir do tempo...

Escribiu tamén poemas amorosos, para a súa muller, Moraima, cheos de delicadeza e optimismo. A obra máis representativa é O soño sulagado (1955). Conxuga ambas temáticas na súa última obra, Onde o mundo se chama Celanova (1975), onde aparecen poemas que reflicten a aceptación do paso do tempo, o presentimento da morte, e tamén mostran un diálogo de amor coa súa muller...

Ten poesía satírica, fortemente corrosiva e crítica, que lembra as cantigas de escarnio medievais ou o Quevedo máis mordaz.

A súa poesía socialrealista, con unha linguaxe moi asequible e coloquial, quere chegar a todo o mundo, non só a unha minoría. Trata temas como a Guerra Civil e as súas consecuencias, denuncia a explotación dos traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo.

2. Manuel Cuña Novás (Pontevedra, 1926-1992)

É representante da Escola da Tebra. A súa obra Fabulario Novo (1952) reflicte un sentimento de angustia e desesperación ante a vida a través de imaxes nas que predomina a sensación de sombras e de escuridade.

3. Uxío Novoneyra (O Courel, 1930-Compostela, 1999)

Autor de poucos libros; excelente recitador; a súa poesía é fundamentalmente paisaxística pero profundamente persoal: contemplada desde unha perspectiva case mística, de fusión coa natureza; describe a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica. Tamén aparece ás veces a preocupación social.

4. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938)

Voz na néboa, 1957). Escribiu poesía social baixo o heterónimo de Heriberto Bens (sempre formalmente máis coidada que o socialrealismo do momento), pero o seu libro máis importante é Con pólvora e magnolias (1976), que supón un camiño novo na literatura galega, pois trata novos temas, utiliza unha nova linguaxe poética... Neste libro combínase a poesía revolucionaria –a pólvora– co lirismo intimista (a lembranza do pasado, o paso do tempo, o amor, a morte) e o luxo estético –as magnolias–. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o movemento beat... O ton é nostálxico: mostra con complacencia estética a imposible recuperación do tempo idos e o triunfo da decadencia.

1975 foi o ano do cambio. Morre Franco e Con pólvora e magnolias -xunto con Mestres, de Arcadio López Casanova- foi quen marcou ese cambio.

A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)

Como consecuencia da Guerra Civil, a literatura galega deixa de existir como manifestación pública durante máis dun decenio. O centro da actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos escritores exiliados manteñen a fachada da cultura galega. No 1947 comeza a recuperación coa publicación do 1º libro de poesía ata a constitución, en 1950, da Editorial Galaxia. En coleccións como Salnés ou Illa Nova conviven xeracións diferentes que comezan publicando nun primeiro momento poesía e un pouco máis tarde prosa. Escríbense no exilio a maioría das novelas que relatan vivencias persoais da guerra e a represión, que serán publicadas xa na democracia.

1. Hai unha liña de continuación da prosa da Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo ou Carballo Calero. Este último pertence á Xeración do 36; é o autor de Xente de Barreira, primeira novela de posguerra, que narra a vida de varias xeracións dunha familia fidalga.

2. O realismo fantástico, representado pola obra de Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe (Simbad), greco-latina (Orestes) ou nórdica (Merlín) con recursos provenientes do mundo popular, de xeito que consegue ligar o máis profundo da nosa imaxinación colectiva a temas literarios de carácter clásico.

3. O realismo popular, representado por Ánxel Fole. O popular ascende á categoría de culto a través dun texto que nunca se afasta do relato oral, da xeografía lugués, da lingua dialectal. Non hai –como en Cunqueiro– presenza de cultura libresca.

4. O realismo social, representado por E. Blanco Amor. Situadas no Ourense de principios do s. XX, plasman a vida das clases obreiras ou marxinais e denuncian as inxustizas que padecen.

5. O realismo rural, representado por Xosé Neira Vilas, coñecedor de primeira man das penurias da vida labrega. Non está exento de denuncia.

6. Ao mesmo tempo nace a Nova Narrativa Galega da man dos autores máis novos, como Méndez Ferrín, Mourullo ou Casares, unha prosa totalmente diferente e moderna.

I. ÁLVARO CUNQUEIRO (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981)

Poeta antes da guerra, foi despois autor de éxito en prosa (en castelán levou o premio Nadal no 1961). Podemos destacar as seguintes características:

  • Mestura de realismo e fantasía: personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad...) comparten con xentes do pobo galego vivencias e preocupacións (Dª Xenebra atende a cociña, a Merlín enferrúxase, selle o camiño de quita e pon...).
  • Predominio da oralidade no estilo: de neno escoitou moitos contos de boca na ienda/botica do pai, o que influíu no seu gusto pola maneira tradicional de contar, cheo de apelacións ao oínte, comentarios do narrador, alusións ás fontes...
  • Tendencia á disgregación da novela: non hai unha estrutura clásica de presentación, desenvolvemento e desenlace, senón unha técnica de relato dentro do relato, ou relatos sucesivos con débil fío argumental. É representativa Merlín e familia (1955), a súa 1ª obra narrativa en galego, recreación da materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega.

Escribiu tamén libros de semblanzas, breves retratos de personaxes populares con toda a aparencia de seres reais, aínda que ás veces os seus poderes ou aventuras saxen da natureza marabillosa, relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.

ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903-1986)

Despois da guerra viviu nas montañas de Lugo (Incio, Quiroga, Courel...) dando clases particulares. A súa obra está formada case exclusivamente por libros de contos (os principais Álus do candil, 1953, e Terra Brava, 1955) ambientados nesas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, tradicionais, que se contaban antes "á luz do candil" entre varias persoas. Tamén os temas seguen esa tradición oral: contos de lobos, de aparecidos e premonicións da morte; de lendas populares (a Santa Compaña...) combinados cun agudo sentido do humor e normalmente explicados pola lóxica.

EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense, 1897-Vigo, 1979)

Toda a súa narrativa se desenvolve en Ourense (que el chama Auria) a principios do século XX, no ambiente que el viviu de neno. Debemos destacar as súas dúas novelas, que todos os críticos consideran entre as mellores de toda a nosa literatura:

  • A esmorga (1959) supón a renovación na narrativa galega da época, tanto na temática (protagonismo compartido das clases populares) como na forma (técnica telefónica). É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica de le dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de bebedela e que acabará coa morte de todos.
  • Xente aolonxe (1972) é unha radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa. É, en certa medida, a antítese de A esmorga, pois nesta os conflitos quedan reducidos ao plano persoal dos protagonistas, mentres que en Xente... son descritos desde a perspectiva da colectividade. Técnica e temáticamente é a máis complexa pois ten un enfoque polifónico, de perspectiva múltiple, ao mesturar diferentes narradores: desde un obxectivo en 3ª pers. a varios (protagonistas ou testemuñas de determinados feitos) en 1ª. O principal é Suso, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra. Non falta a mestura da historia da familia de Suso, o nacemento do sindicalismo en Auria e numerosas historias secundarias.

XOSÉ NEIRA VILAS (Gres, 1928-2015)

Aínda que incorpora algunha técnica innovadora, está moi afastado dos autores da NNG. Podemos clasificar a súa obra en torno a dous focos:

  • Galicia interior: Plasman a sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. Os personaxes semellan incapaces de escapar dese mundo atrasado onde impera a dominación política e relixiosa nun clima de sometemento e resignación. Hai obras de protagonismo infantil (pero non literatura infantil) e outras de protagonismo adulto. A máis sobresaliente é Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Trátase dunha novela de estrutura sinxela, en boca dun neno que non se conforma con esa vida e soña con emigrar.
  • Galicia emigrante: Mostran os problemas xerados a causa da emigración forzosa: a morriña da terra, o illamento e as dificultades de adaptación ao mundo urbano, a loita por saír da miseria... Cómpre salientar a obra Historias de emigrantes (1968).

Download

PDF Word HTML