O galego entre 1936 e 1975
Tras a paréntese da Guerra Civil, sobrevén un longo silencio que se quebrará moi lentamente. A Guerra Civil foi acompañada dunha cruenta represión, que erradicou todo o que tivese que ver coa esquerda ou co galeguismo. Esta situación mantense ata 1975, aínda que houbo unha certa resistencia política e cultural.
1. Situación lingüística e cultural
A represión cultural foi enorme: o esforzo dun século enteiro foi destruído (editoriais, revistas, institucións... todo o que fora creando as bases da recuperación cultural de Galiza).
A política lingüística foi represiva, tanto no ensino como na Administración e nos medios de comunicación. Isto provocou unha brusca mudanza de hábitos lingüísticos nas...