Literatura Galega Posguerra e Teatro de Blanco Amor
O Teatro de Eduardo Blanco Amor
Qué dúas liñas estéticas e temáticas podemos distinguir no teatro de Blanco Amor? Como se titulan os volumes onde recolle as obras pertencentes a cada unha delas?
- Liña non realista: farsas para títeres.
- Liña realista costumista: teatro pra xente.
Cales son os principais ensaístas do exilio? Castelao, Luis Seoane, Luis Tobio Fernández, Alonso Ríos, entre outros.
A Poesía da Posguerra e a Xeración do 36
A poesía da posguerra e a xeración do 36 está formada polos escritores nados entre 1910 e 1920. Apoiáronse nos membros doutros grupos xeracionais como a Xeración Nós ou a xeración do 25. Algúns colaboraron co nacionalismo xuvenil e case todos resultan mobilizados durante o conflito armado.
Nesta xeración dominan os poetas e os máis destacados son:
- Xosé María Álvarez Blázquez: presenta un claro vínculo coas escolas imaxinistas, neotrobadoresca e neopopularista de posguerra. Creou obras como "Canle segredo", que trata o mundo cotián e a vida familiar.
- Xosé María Díaz Castro: creou "Penélope", no cal reflicte a frustración histórica da sociedade galega. Este poema pertence á súa obra cume, "Nimbos".
- Miguel González Garcés: creou diversas obras como "Bailada dos anxos" ou "Porta de aire".
- Pura Vázquez Iglesia: ten obras como "La Zarpa", a cal empezou a escribila con 15 anos, ou "O desacougo".
- Miguel Lueiro Rei: foi xornalista e narrador antifranquista que creou "Escolma ferida".
- Eduardo Moreiras Collazo: fundou a revista Mensajes de poesía. Tamén hai outros poetas como Manuel Casado, Manuel Fabeiro ou Sabino Torres.
Celso Emilio Ferreiro
A parte destes autores, cabe destacar a Celso Emilio Ferreiro, que é o que mellor representa a xeración do 36. A súa obra é de especial transcendencia e nela se poden distinguir tres liñas temáticas:
- A liña social: na cal defende o idioma e a sociedade.
- A liña intimista: na cal manifesta o seu desacougo existencial.
- A liña irónica e satírica: na cal usa o sarcasmo e a crítica.
Celso Emilio iniciouse no envío de poemas a diversos xornais. Na posguerra, participa na elaboración de varias traducións ao galego de autores xermánicos. En 1954 publicou o seu primeiro libro, "O soño sulagado", que é un poemario caracterizado polo intimismo.
En 1962 publicou "Longa noite de pedra", que é un libro que terá versións noutras linguas e presenta as seguintes características:
- Importancia da mensaxe que se expresa nunha voz colectiva.
- Sinxeleza expresiva.
- Renovación da lingua engadindo novos rexistros da vida cotiá.
- Emprego do humor e da ironía.
- Procura do ritmo e da musicalidade.
Tamén creou outras obras como "Viaxe ao país dos ananos", "Cimenterio privado", "Antífonas" e "Onde o mundo se chama Celanova".
A Promoción de Enlace
Tras a xeración do 36 xurdiu unha promoción de enlace, formada por:
- Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo: coas obras "Canaval de ouro", "A sombra ergueita", etc., que se caracterizan polo intimismo vivencial.
- Xosé Neira Vilas: que creou "Dende lonxe" e "Inquedo latexar", nos cales mostra a súa sinxeleza e o contido comprometido.
- Luz Pozo Garza: que foi a directora da revista Nordés e creou obras como "Códice Calixtino".
- Antón Tovar Bobillo: coas obras "Arredores" e "Diario sen datos".
A Xeración dos 50
A xeración dos 50 está formada por unha serie de escritores que irrompen no panorama literario galego e protagonizan unha renovación temática. Esta xeración tamén se chamou Xeración de la Noche. Como resposta ao illamento da ditadura, búscanse novas formas de expresión artística caracterizadas pola rebeldía. Contribuíron a modernizar a poesía, a prosa e o teatro galegos.
Na xeración dos 50 podemos distinguir dous grupos:
- O grupo compostelán: formado por Franco Grande, Xohana Torres, Carlos Casares, Xosé Manuel Bieiras, etc.
- O grupo Brais Pinto: formado por Alexandre Cribeiro, Ramón Lorenzo, etc.
Na renovación da poesía galega, o influxo do Existencialismo deu lugar a unha visión pesimista e angustiada da vida, a dor existencial, a influencia surrealista, etc.
Principais Poetas da Xeración dos 50
- Manuel Álvarez Torneiro: escribiu "Memoria dun silencio" e "Rigorosamente humano".
- Antón Avilés de Taramancos: coas obras "O tempo no espello" e "Cantos caucanos".
- Manuel María Fernández Teixeiro: coas obras "Muiñeiro de brétemas" e "Morrendo a cada intre".
- Salvador García Bodaño: con "Tempo de Compostela" e "Cantos de ausencia".
- Bernardino Graña: con "Profecía do mar" e "Poema do home que quixo vivir".
- Xosé María Méndez Ferrín: con "Voce na neboa" e "A trabe de ouro".
- Uxio Novoneyra: con "Os Eidos" e "Libro do Courel".
- María Xosé Queizán: con "Metáfora da metáfora" e "Despertar das amantes".
- Xohana Torres: con "Do sulco" e "Estacións ao mar".