Gramática Galega e Vocabulario Alemán: Pronomes e Lexico
Classified in Spanish
Written on in
English with a size of 4.56 KB
Posición do pronome persoal átono
O pronome persoal átono sitúase ao lado do verbo integrándose no seu mesmo grupo fónico.
A posición non marcada é a enclítica (Fixoo, Convidáronme a ir con elas) e en ningún caso un pronome átono pode comezar oración ou ir inmediatamente despois de pausa (*Cho xuro).
O pronome vai en posición proclítica nos seguintes casos:
- Oracións negativas ou introducidas por adverbios, pronomes ou conxuncións con este valor: Non nos deu as grazas, Ninguén cho xurou, Nin me queres nin te quero.
- Con pronomes interrogativos ou exclamativos: Como o puxestes aí?, Que o faga el!
- Oracións desiderativas: Quen me dera!, Deus o faga mellor!
- Oracións subordinadas: Din que se coñeceron, se namoraron e se separaron...