Variedades da Lingua Galega: Tipos e Características

Classified in Other languages

Written on in English with a size of 2.33 KB

Variedades da Lingua

A diversidade interna da lingua pódese clasificar atendendo ás circunstancias que inciden no seu uso:

  • Temporal
  • Xeográfica
  • Social
  • Situacional

Variedade Diacrónica

Situada no eixe temporal, está constituída polas diferenzas que as linguas presentan ao longo da súa evolución no transcurso da historia. No galego distinguimos varias etapas históricas coas súas variantes características:

  • O galego medieval (desde o século XII)
  • O galego moderno (desde o século XVI)
  • O galego contemporáneo (desde o século XIX ata hoxe)

Variedade Diatópica

Desenvolvida no eixe espacial, está compila polo conxunto das diferenzas lingüísticas propias de cada zona do territorio ocupado por unha lingua histórica.

Presenta trazos diferenciados de carácter fónico, morfolóxico, sintáctico e léxico que permiten delimitar nun territorio diferentes bloques e áreas lingüísticas.

Variedade Diastrática

Desenvolvida no eixe sociocultural, está formada polo conxunto de diferenzas lingüísticas propias de cada un dos distintos estratos sociais, económicos, culturais e profesionais aos que pertencen os falantes.

Reflicte os distintos niveis de lingua. Podemos atopar desde un nivel culto, propio de xente cunha formación idiomática elevada, ata un nivel vulgar, propio de persoas con escasa formación. O primeiro caracterízase pola presenza de cultismos e maior proximidade ao estándar, mentres que no vulgar é habitual o uso de vulgarismos. Entre estes dous sociolectos podemos considerar a existencia dun nivel medio.

Inclúense aquí as xergas, que responden á vontade dun grupo social de diferenciarse dos demais (estudantes, grupos marxinais, criptolectos profesionais...). Utilizan as estruturas xerais da lingua, pero cun léxico específico. Cando unha palabra se xeneraliza e pasa á lingua común, úsase outra nova. Isto pasa na lingua dos delincuentes para referirse á policía (pasma) ou na dos drogadictos para referirse á cocaína (farlopa, fariña). Tamén pode presentar diferenzas xeográficas (como colgar, latar ou copar para significar "faltar a clase").

Related entries: