Tipoloxía Textual e Elementos da Narración en Galego
Classified in Greek
Written on in
English with a size of 9.38 KB
Tipoloxía Textual e Elementos de Comunicación
Clases de Estrutura Textual
- Analítica: Tese e análise ou demostración.
- Sintética: Argumentación e síntese ou conclusión.
- Circular ou pechada: Repetición da hipótese inicial e da conclusión con iguais ou diferentes termos.
- Argumentación ou enunciativa: Idea 1, idea 2, idea 3, idea 4.
Propiedades Textuais
- Coherencia: Relación harmónica entre as partes dun texto (sentido léxico), referindo a lóxica temática e formal.
- Cohesión: Unión interna e unión das partes textuais.
- Adecuación: Correspondencia entre os parágrafos ou fragmentos do texto, a finalidade do contexto ou a realidade extralingüística.
- Deícticos: Substitúen no texto outras partículas. Son demostrativos e pronomes.
Conceptos Semánticos e Léxicos
- Texto: Unidade lingüística con independencia sintáctica e autosuficiencia semántica.
- Familia léxica: Palabras relacionadas pola raíz ou lexema.
- Campo semántico: Conxunto de palabras vencelladas polos significados.
- Denotar: Significado obxectivo, representar.
- Connotar: Aceptación figurada, evocar, suxerir.
Tipos de Diálogos
- Conversa: Tipo máis característico de diálogo e constitúe a forma habitual de comunicación nas relacións persoais e sociais. É oral e tamén se emprega en textos literarios. A participación dos falantes na conversa vén determinada por regras.
- Debate: Tipo de diálogo planificado no que un grupo de persoas discuten sobre un tema prefixado previamente.
- Entrevista: Diálogo planificado e formal entre dúas persoas que ten como finalidade que un dos interlocutores ofreza información de interese.
O Texto Descritivo e Narrativo
Texto Descritivo
- Recursos lingüísticos: Os máis utilizados son os adxectivos cualificativos (sobre todo os especificativos) e os verbos (presente e copretérito de indicativo).
- Recursos expresivos: Úsanse procedementos literarios como a comparación, a metáfora, a personificación e a metonimia.
Texto Narrativo
- Historia: Resumo dos feitos narrados seguindo unha orde cronolóxica (argumento).
- Discurso (diéxese): Síntese dos sucesos contados tal e como se ordenan na ficción no libro en si (trama).
- Anacronia: Mestura de tempos e épocas. Tipos: analepse, prolepse.
Tipos de Estrutura Narrativa
- Anticipativa: O narrador anticipa accións, adiántase ao tempo.
- In media res: A narración carece de introdución e comeza polo conflito.
- In extrema res: Comeza a acción ao final da historia.
- De contrapunto: A narración carece de introdución e comeza polo conflito.
- Circular: O texto comeza e remata do mesmo xeito.
- Final aberto: Renuncia ao desenlace para que o lector o imaxine.
O Narrador
É quen conta os feitos dunha historia.
1. Segundo a participación na historia:
- 1.1 Narrador externo ou heterodiexético:
- Autodiexético (narrador protagonista).
- Narrador-testemuña (obxectivista).
- Narrador personaxe secundario.
- 1.2 Narrador interno ou homodiexético: Participa como testemuña.
2. Segundo o coñecemento do narrado:
- 2.1 Narrador omnisciente: Sabe todo sobre a historia e non ten ningún tipo de restrición.
- 2.2 Narrador identificado: Adoita identificarse cun personaxe, respecto do cal mantén certa omnisciencia, mentres que dos demais só temos coñecemento a través das súas relacións con eles.
- 2.3 Narrador obxectivo: Únicamente rexistra aquilo que pode ser visto desde fóra (xestos, accións, o que fan os personaxes).
3. Segundo a intervención no relato:
- 3.1 Narrador subxectivo: Intervén valorando e criticando o que sucede no relato, coa intención de dirixir a interpretación do lector.
- 3.2 Narrador obxectivo: Non realiza comentarios nin emite xuízos sobre o que sucede no relato.
Personaxes
- 1. Principais: Protagonista e antagonista.
- 2. Secundarios:
- 2.1 Adxuvantes (colaboradores) do protagonista e do antagonista.
- 2.2 Simbólico, alegórico ou arquetípico.
- 2.3 Planos: non se desfrutan descricións e/ou non evolúen.
- 2.4 Redondos: descricións e accións elaboradas.
O Tempo na Narración
- Tempo da historia: Aquel no que sucederon, de acordo cunha orde cronolóxica, os acontecementos dunha historia na realidade.
- Tempo do discurso: Aquel en que o narrador nos conta os sucesos. A orde na que se presentan os feitos narrados pode variar segundo os recursos que empregue o autor:
- Temporalización linear: Cando a orde dos acontecementos no discurso coincide coa da historia.
- Temporalización anacrónica ou anacronía narrativa: Cando se producen discordancias ou desaxustes entre a orde de sucesión dos acontecementos no discurso e na historia. Pode ser analepse ou prolepse (contase despois).
Texto Expositivo e Argumentativo
Texto Expositivo
Características:
- Utilización especial da sintaxe, coa presenza de oracións de carácter explicativo ou aclaratorio.
- Emprego dun léxico específico e con tecnicismos, exento de ambigüedades, onde os termos son tomados no seu valor denotativo.
- Orde coherente no desenvolvemento do texto e nas relacións entre as ideas que se expoñen.
- Claridade expresiva e corrección no uso da linguaxe.
- Rigor e exactitude na información, que deberá ser veraz e fiable.
Estrutura:
- Introdución: Presentación dos motivos polos que interesa o tema, actualidade, características xerais...
- Desenvolvemento: Exposición propiamente dita. Sinalaranse as ideas principais, as ideas secundarias e incluiranse citas, anécdotas ou exemplos ilustrativos.
- Conclusión: Recapitulación dos puntos máis importantes, confirmación das razóns expostas...
Tipos de exposición:
Didáctica (unha clase, unha conferencia...), xornalística (unha noticia, unha reportaxe...), científica (a exposición dunha teoría científica...), política (un mitin, un discurso...), relixiosa (un sermón, unha homilía...).
Texto Argumentativo
Características:
- Abundancia de exemplos para ilustrar as cuestións tratadas.
- Emprego de termos técnicos ou terminoloxía científica, dependendo da disciplina de que se trate.
- Presenza de incisos para aclarar aspectos que apoien a idea fundamental.
- Uso frecuente de nexos consecutivos para consolidar a opinión do emisor.
Estrutura:
- Introdución: Presentación da tese (idea fundamental do que queremos defender).
- Desenvolvemento: Exposición de argumentos que apoian a tese inicial con explicacións e exemplos.
- Conclusión: Síntese dos argumentos utilizados e ideas ás que conduciron.
Tipos de argumentación:
- Racionais: Argumentos que se asentan en verdades universais.
- Científicos: Argumentos baseados en probas cientificamente comprobadas e asumidas como verdades.
- Afectivos: Argumentos que apelan aos sentimentos do auditorio para provocar unha reacción de simpatía ou rexeitamento.
- De exemplificación: Argumentos baseados en exemplos concretos que axudan a sustentar a tese.
- De autoridade: Inclúe os argumentos expresados por persoas de moito prestixio en determinados ámbitos.
Erros na argumentación (Falacias):
- De apelación á forza: Emprega a ameaza para tentar convencer.
- Ofensivo: Baséase na descualificación.
- De apelación á piedade: Tenta conmover o oínte.
- De falsa relación causa-efecto: "O home é un ser racional, polo tanto, sempre actúa razoadamente".
- De xeneralización: Eleva o particular á categoría de xeral.
- De apelación á autoridade: Apela a alguém como autoridade cando non o é.
- Basado en prexuízos: Emprega prexuízos sociais sen ética ou intencións morais.
Descrición de Personaxes
- Etopeia: Descrición psicolóxica.
- Prosopografía: Descrición do plano físico.
- Retrato: Combinación de ambas (etopeia e prosopografía).