Sistema Kanban: Produción Baseada na Demanda e Relación Comakership cos Proveedores
Classified in Spanish
Written on in
English with a size of 3.89 KB
Sistema Kanban: Produción Baseada na Demanda
Que sexa o pedido o que poña en marcha á produción e non a produción a que se poña a buscar un comprador. Abastecer ao cliente do pedido previsto, no día previsto, minimizando os custos.
Obxectivos do Sistema Kanban
- Calidade do produto
- Calidade do proceso: rematar co caos e cos atascos que se producen cando prima a rapidez e non a calidade dos procesos, evitando custos innecesarios.
Funcionamento
- Sistema de produción baseado na demanda e consumo do cliente.
- Sistema de organización enfocado ao traballo en equipo.
- División do proceso de produción en fases, cada unha das cales hai que cubrir correctamente para pasar á seguinte fase.
- Utilización de etiquetas como sistema de información durante os procesos de produción (o que dá nome ao sistema).
Regras a Seguir
- Non se debe mandar produtos defectuosos ao seguinte proceso (sistemas de calidade total).
- Os procesos posteriores só requirirán os materiais necesarios aos procesos anteriores.
- Haberá que producir só o demandado polo proceso posterior (evitar atascos na produción e desperdicios).
- Racionalización e estandarización dos procesos, evitando o traballo defectuoso.
Tipos de Etiquetas
- Kanban de sinal: é o primeiro kanban, que autoriza ao derradeiro posto do proceso produtivo para que ordene aos anteriores o comezo da produción de materiais.
- Kanban de fabricación: indica a cantidade a producir polo proceso anterior.
- Kanban de transporte: indica a cantidade a recoller polo proceso posterior.
Proceso
- O cliente fai un pedido.
- O derradeiro posto recibe un kanban de sinal.
- O operario colle os contedores baleiros, de acordo co que precisa, e envíaos ao posto anterior acompañados, cada un deles, dun kanban de produción e un de transporte.
- Nese posto, o operario retira o kanban de produción (o cal irá cumprimentando a medida que realiza o seu traballo), colle novos contedores baleiros para facer os requirimentos necesarios ao posto anterior.
- E así sucesivamente, ata chegar ao inicio do proceso de produción. Aquí remata o fluxo de información.
- No inicio do proceso comeza o fluxo de materiais en sentido inverso. O operario coloca os materiais nos contedores, recheа os kanban de transporte e envía ao posto seguinte.
Comakership: A Relación Proveedor-Empresa
Dentro do marco da relación proveedor-empresas, xurdiu o termo "Comakership", que busca unha vía de progreso común da empresa cos seus proveedores. Fálase de co-desenvolvemento, co-deseño, co-mellora e co-xestión.
Esta nova forma de traballo conxunto baséase nunha filosofía de aprovisionamento orientada a conseguir a mellora continua e a eliminación sistemática de desperdicios (sistemas Just in Time e Calidade Total). A industria xaponesa encargouse en primeiro termo de aplicar estes principios, os cales posteriormente foron importados por empresas occidentais con algunhas variacións.
Políticas no Cambio da Relación Proveedor-Cliente
- Aseguramento de relacións estables a longo prazo.
- Número limitado de proveedores activos.
- Preservar os mesmos proveedores.
- Implantar sistemas de selección que involucren a toda a organización.
- Avaliación dos proveedores en función dos custos totais, en lugar dos prezos.
- Cooperación cos proveedores a fin de que os seus procesos sexan máis fiables e menos custosos.
Niveis do Comakership
- Nivel 3: Proveedor normal
- Nivel 2: Proveedor asociado
- Nivel 1: Proveedor cofabricante