Historia da Literatura Galega: Do Rexurdimento á Actualidade

Classified in Other languages

Written on in English with a size of 9.4 KB

A poesía das irmandades

Este tema trata do paso de "querer a Galiza" a loitar por ela.

1.1 As irmandades da fala

Fundadas no 1916 na Coruña por Antón Vilar Ponte. O obxectivo era o galego coma lingua única. Pasase do autonomismo ao nacionalismo. Quería que Galiza fose unha nación moderna e europea, non unha aldea atrasada. As súas figuras máis importantes foron:

Noriega Varela

Escritor que serve de ponte entre a literatura do Rexurdimento (século XIX) e a literatura galega do XX. O seu único libro, "Montañesas", logo aparecía co nome de "Do ermo". Ten dous aspectos na súa obra:

  • Poesía costumista: Realismo influenciado pola poesía popular de tradición oral, céntrase na vida do campesiño e nas tradicións.
  • Lirismo da natureza: Caracterízase pola ausencia da anécdota e pola aparición do poeta e a natureza. Ten tenrura polas cousas humildes da montaña e usa moito o soneto.

É franciscano, sente amor e humildade polas cousas pequenas e usa un galego popular combinado co falar da Mariña lucense.

Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 - 1959)

Representa a superación do Rexurdimento. Segue a poesía social de Curros, o intimismo de Rosalía e a épica de Pondal. Para a renovación usa simbolismos e modernismos, cunha gran carga patriótica.

  • Poesía lírica: Desde "No desterro" (o seu primeiro libro), a súa poesía lírica divídese en poesía social, agrarista e anticaciquil, destacando tamén "Vento mareiro".
  • Poesía narrativa: Enalza o pasado glorioso de Galiza a través das lendas artúricas:
    • "Na noite estrelecida": Mestura narrativa dos mitos célticos, novela de cabalería e mitos cristiáns.
    • "A espada de Excalibur": Aventuras.
    • "O cabaleiro do Santo Grial": Relixión.
    • "O soño do rei Artur".
  • Teatro: O autor explora dous camiños moi diferentes:
    • "A man da Santiña": Comedia en prosa sobre a infidelidade na clase alta.
    • "O mariscal": Peza histórica e política sobre Pardo de Cela, símbolo de resistencia galega.
  • Prosa: Destaca "A ríxona da cantiga", unha homenaxe á lírica popular.

A nova narrativa galega

Definición: Movemento literario enraizado en Francia nos anos 50 a través do cal os escritores novos perseguían unha renovación da narrativa.

Características xerais

  • Expresión do absurdo ("O crepúsculo e as formigas").
  • Fusión entre o mundo real e o onírico.
  • Intimismo e introspección.
  • Recorrencia ao mundo simbólico.
  • Intertextualidade.
  • Obxectalismo.
  • Ideas como a violencia, o sexo e o alcol.
  • Punto de vista do narrador: multiperspectivismo e primeira persoa.
  • Tratamento complexo do tempo.
  • Espazo urbano e pechado.
  • Redución temporal.

Autores principais

Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo R. Mourullo, Xohán Casal e Xohana Torres.

A poesía entre 1936 e 1976

Tras a posguerra, a poesía galega recupérase nos anos 50 con correntes como o paisaxismo e o intimismo, dando paso ao socialrealismo nos anos 60 e 70.

Xeración do 36

Poetas nados entre 1910 e 1920 que actúan como ponte entre a preguerra e a posguerra.

  • Tendencias: Imaxinismo, neotrobadorismo, ruralismo, clasicismo e socialrealismo.
  • Aquilino Iglesia Alvariño: Autor de "Cómaros verdes" (1947), primeiro libro en galego da posguerra. Evolucionou cara á angustia existencial en "Lanza de soledá".
  • Xosé María Díaz Castro: Autor do libro fundamental "Nimbos" (1961), que reflicte sobre o destino humano e a mística coa terra.
  • Celso Emilio Ferreiro: Máximo expoñente do socialrealismo con "Longa noite de pedra" (1962), onde denuncia a inxustiza e a falta de liberdade. Outras obras: "Viaxe ao país dos ananos" e "Onde o mundo se chama Celanova".

A promoción de enlace

Poetas nados entre 1920 e 1930 que descobren o galeguismo na universidade e foxen dunha realidade que os frustra.

  • Antón Tovar: Marcado pola dor existencial e o desánimo ("Arredores").
  • Luz Pozo Garza: Poesía de gran musicalidade sobre o amor e a paisaxe ("Códice calixtino").
  • Manuel Cuña Novás: Iniciador da Escola da Tebra coa obra "Fabulario novo" (1952), caracterizada pola angustia e o hermetismo.

Xeración das festas minervais

Poetas universitarios nados nos anos 30 que evolucionan do existencialismo ao socialrealismo radical.

  • Manuel María: Evoluciona desde a dor persoal ("Muiñeiro de brétemas") cara ao compromiso nacionalista e social ("Documentos persoais", "Laio e clamor pola Bretaña").
  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Figura clave do nacionalismo moderno. Destacan "Voce na néboa" (existencialista) e "Con pólvora e magnolias" (1976), obra que pecha o socialrealismo e renova a linguaxe poética con rigor formal.

Manuel Antonio e o vangardismo

  • Perfil: Representa a modernización radical, rebelde e individualista da literatura.
  • Obra clave: "De catro a catro". É un diario de viaxe marítima que rompe coa rima e o ritmo tradicional, mesturando creacionismo e futurismo.
  • Simboloxía: A viaxe polo mar actúa como unha viaxe interior; o mar simboliza a soidade.

Evolución do teatro (primeira metade do século XX)

  • Rexionalista: Costumista e de enredo (ex. "A ponte").
  • Irmandades da Fala: Enfoque galeguista (ex. "O mariscal").
  • Vangardas: Temas de identidade (ex. "A festa baldeira").
  • Etapa Nós: Reflexión filosófica e social:
    • Vicente Risco: Amor, poder e odio.
    • Otero Pedrayo: Retrata a sociedade rural.
    • Castelao: Destaca con "Os vellos non deben namorarse".

Xeración Nós (narrativa e ensaio)

  • Vicente Risco: Narrativa didáctica con gran carga ideolóxica (ex. "O porco de pé"). É o principal impulsor do ensaio ("Teoría do nacionalismo galego").
  • Otero Pedrayo: Céntrase na vida campesina, a hidalguía rural e temas históricos ou psicolóxicos (ex. "Arredor de si").
  • Castelao: Enfocado no humanismo, o compromiso cos débiles e as clases populares (ex. "Un ollo de vidro"). A súa obra "Sempre en Galiza" é considerada a biblia do galeguismo.

Teatro (finais do século XX - comezos do XXI)

  • Contexto: Consolídase como xénero propio grazas á creación de infraestruturas (Centro Dramático Galego, 1985).
  • Líneas temáticas: Crítica social, teatro culturalista e neorruralista.
  • Grupo Abrente (autores clave):
    • Euloxio Ruibal: Teatro moderno e comprometido ("Azos de esguello").
    • Vidal Bolaño: Mestura o culto con elementos populares ("Laudamuco").
    • Manuel Lorenzo: Temas psicolóxicos e mitolóxicos ("Fedra").

Prosa e poesía (finais do século XX - comezos do XXI)

Prosa

  • Impulso: A oficialidade do galego e a súa entrada nas aulas permiten o despegue da narrativa.
  • Tendencias:
    • Tradicional / Histórica: Temas rurais e da Guerra Civil (Darío Xohán Cabana con "Galván en Saor").
    • Literatura de quiosco (renovación): Aparecen xéneros específicos como novela negra, erótica, terror, ciencia ficción e o oeste.
    • Hito 1986: "Polaroid" de Suso de Toro introduce novos temas (drogas, delincuencia) e técnicas modernas.
    • Corrente Bravú: Cultura popular, castrapo e galeguismo (Xurxo Souto).

Poesía contemporánea

  • Cambio de etapa: Tras 1975 abandónase o realismo social e xorde unha nova estética con obras de Méndez Ferrín e Arcadio Casanova.
  • Colectivos principais:
    • Rompente: Antón Reixa e Manolo Romón (vangardistas).
    • Cravo Fondo: Xesús Rábade e Ramiro Fonte (nacionalistas e anti-elitistas).
    • Outros: Alén (Xosé Ramón Pena), De Amor e Desamor, etc.
  • Tipos de discurso actuais:
    • Natural: Fran Alonso ("A arte de perder").
    • Literario: Yolanda Castaño ("Escapatoria").
    • Hermético: Chus Pato ("Arte de caligrafía").
  • Temas recurrentes: Nostalgia, amor, soidade e o paso do tempo.

Related entries: