Física Óptica: Espellos e Lentes – Exercicios Resoltos de Selectividade

Classified in Spanish

Written on in English with a size of 4.3 KB

Xuño 2002

Un espello esférico forma unha imaxe virtual, dereita e de tamaño dobre co obxecto cando este está situado verticalmente sobre o eixe óptico e a 10 cm do espello. Calcula:

  • a) A posición da imaxe.
  • b) O radio de curvatura do espello.

(Debuxa a marcha dos raios).

Setembro 2002

Un raio luminoso que viaxa por un medio cun índice de refracción n1 incide cun certo ángulo sobre a superficie de separación dun segundo medio de índice n2 (n1 > n2). Respecto ao ángulo de incidencia, o ángulo de refracción será:

  • A) Igual.
  • B) Maior.
  • C) Menor.

Nun espello esférico convexo a imaxe que se forma dun obxecto é:

  • A) Real, invertida e de maior tamaño que o obxecto.
  • B) Virtual, dereita e de menor tamaño que o obxecto.
  • C) Virtual, dereita e de maior tamaño que o obxecto.

Xuño 2003

Nas lentes diverxentes a imaxe sempre é:

  • A) Dereita, maior e real.
  • B) Dereita, menor e virtual.
  • C) Dereita, menor e real.

Cando se observa o leito dun río en dirección case perpendicular, a profundidade real en relación coa aparente é:

  • A) Maior.
  • B) Menor.
  • C) A mesma.

(Dato: nauga > naire)

Xuño 2004

O ángulo límite na refracción auga/aire é de 48,61º. Se se dispón doutro medio no que a velocidade da luz sexa vmedio = 0,878 vauga, o novo ángulo límite (medio/aire) será:

  • A) Maior.
  • B) Menor.
  • C) Non se modifica.

Setembro 2004

Un obxecto de 5 cm de altura está situado a unha distancia x do vértice dun espello esférico cóncavo de 1 m de radio de curvatura. Calcula a posición e o tamaño da imaxe:

  • a) Se x = 75 cm.
  • b) Se x = 25 cm.

(En os dous casos debuxa a marcha dos raios).

Dous espellos planos están colocados perpendicularmente entre si. Un raio de luz que se despraza nun terceiro plano perpendicular aos dous réflectese sucesivamente nos dous espellos. O raio reflectido no segundo espello, con respecto ao raio orixinal:

  • A) É perpendicular.
  • B) É paralelo.
  • C) Depende do ángulo de incidencia.

Xuño 2005

Se o índice de refracción do diamante é 2,52 e o do vidro 1,27:

  • A) A luz propágase con maior velocidade no diamante.
  • B) O ángulo límite entre o diamante e o aire é menor que entre o vidro e o aire.
  • C) Cando a luz pasa do diamante ao vidro, o ángulo de incidencia é maior que o ángulo de refracción.

Setembro 2005

Un espello esférico cóncavo ten un radio de curvatura de 0,5 m. Determina analítica e graficamente a posición e o aumento da imaxe dun obxecto de 5 cm de altura situado en dúas posicións diferentes:

  • a) A 1 m do espello.
  • b) A 0,30 m do espello.

Xuño 2006

Dado un espello esférico de 50 cm de radio e un obxecto de 5 cm de altura situados sobre o eixe óptico a unha distancia de 30 cm do espello, calcula analítica e graficamente a posición e o tamaño da imaxe:

  • a) Se o espello é cóncavo.
  • b) Se o espello é convexo.

Nas lentes diverxentes a imaxe sempre é:

  • A) Dereita, menor e virtual.
  • B) Dereita, maior e real.
  • C) Dereita, menor e real.

Cando a luz atravesa a zona de separación de dous medios, experimenta:

  • A) Difracción.
  • B) Refracción.
  • C) Polarización.

Setembro 2006

Un obxecto de 3 cm de altura colócase a 20 cm dunha lente delgada de 15 cm de focal. Calcula analítica e graficamente a posición e o tamaño da imaxe:

  • a) Se a lente é converxente.
  • b) Se a lente é diverxente.

A imaxe formada nos espellos é:

  • A) Real se o espello é convexo.
  • B) Virtual se o espello é cóncavo e a distancia do obxecto é menor que a focal.
  • C) Real se o espello é plano.

Related entries: