A evolución do conflito bélico na Guerra Civil española

Classified in Training and Employment Advise

Written on in English with a size of 4.11 KB

A evolución do conflito bélico

A. A batalla de Madrid

O primeiro obxectivo dos sublevados era a toma de Madrid, símbolo da República. Despois de cruzar o Estreito conseguiron a ligazón coa zona sublevada do norte, unha vez eliminada a resistencia de Badajoz.

En setembro, Franco ocupou Toledo e a finais de outubro achábase ás portas de Madrid. A conquista da capital podía ser inminente, polo que o goberno da República decretou a mobilización xeral para salvar Madrid.

Madrid resistiu grazas á chegada das Brigadas Internacionais e dunha columna anarcosindicalista desde Barcelona, a columna Liberdade.

B. As batallas do Jarama e de Guadalaxara

Fracasado o intento de entrar na capital, os sublevados emprenderon manobras envolventes para illar Madrid e cortar as súas comunicacións con Valencia. Destaca a batalla do Jarama en febreiro de 1937, na que foron detidos polos republicanos. E a batalla de Guadalaxara, en marzo de 1937, na que as tropas fascistas italianas sufriron unha espectacular derrota, primeira gran vitoria da República.

C. A batalla do Norte

Franco decidiu trasladar a loita ao norte. Os combates principais producironse entre abril e outubro de 1937. En abril produciuse o primeiro bombardeo da historia sobre poboación civil en Guernica (Biscaia), realizado pola aviación alemá e italiana.

Bilbao foi ocupada no mes de xuño. A República desencadeou o ataque a Brunete e a Belchite, pero non conseguiu evitar que as tropas de Franco entrasen en agosto en Cantabria e logo en Asturias. Toda a franxa norte quedaba en mans dos rebeldes.

D. A ruptura do territorio republicano

En decembro de 1937, o exército republicano fora reorganizado coa creación das Brigadas Mixtas. O novo exército republicano intentou tomar a iniciativa desencadeando diversas ofensivas.

A batalla de Teruel levou á ocupación republicana da cidade. O exército de Franco desencadeou entón a campaña de Aragón, chegando ao Mediterráneo no mes de abril.

O territorio republicano quedaba dividido en dúas zonas, unha das cales era Cataluña, pero Franco preferiu continuar o ataque con fortes combates en Castellón e Valencia, capital da República.

E. A batalla do Ebro

A derradeira fase da guerra iniciouse coa batalla do Ebro e rematou coa derrota definitiva da República. Foi un dos maiores episodios militares da guerra. Começou co ataque republicano; Franco mandou grandes reforzos, logo contraatacou e o exército republicano tivo que replegarse na outra beira do río.

Daquela, Franco decidiu emprender definitivamente a ofensiva sobre Cataluña e o día 26 de xaneiro de 1939 entraba en Barcelona. O goberno republicano fuxiu cara a Francia coa caída de Girona. A principios de febreiro toda Cataluña estaba ocupada.

F. O final da guerra

En febreiro de 1939, á República non lle quedaba máis territorio que a chamada zona centro, Madrid e a rexión mediterránea. Reino Unido e Francia recoñecen o goberno de Franco e Manuel Azaña presenta en París a súa dimisión como presidente da República.

A comezos de marzo produciuse en Madrid unha sublevación contra o goberno da República dirixida polo coronel Casado. O día 5 de marzo, controlaría Madrid tras unha forte loita cos comunistas. Creouse unha Xunta de Defensa, co obxectivo de negociar con Franco unha “paz honrosa”, pero Franco non aceptou ningunha condición e obrigou á entrega de armas.

O 1 de abril Franco asinou en Burgos o derradeiro parte de guerra, dando por concluído o conflito.

G. Consecuencias do conflito

A guerra concluíra, pero as súas terribles consecuencias ían estar presentes durante decenios. Deixou un terrible saldo de vítimas e unha gran parte da poboación fuxira a Francia ou pola costa. A guerra arruinou o país: as infraestruturas e as comunicacións destruíronse, así como miles de vivendas afectadas polos bombardeos.

A guerra destruíu a convivencia e o fráxil sistema democrático, que foi substituído por unha ditadura militar.

Related entries: