Diglosia, Normalización e Minorización do Galego
Classified in Spanish
Written on in
English with a size of 5.76 KB
Funcións sociais da lingua: conflito e diglosia
Existen dous tipos de funcións sociais: a función identitaria, que indica as identidades do seu usuario e a identidade que atribúe ao seu interlocutor, e as diferentes formas que toma unha mensaxe, que indican a clase social, o sexo, etc. Xa que o galego é sobre todo falado polas clases populares e polas persoas adultas, o castelán é máis usado polas persoas máis novas, e o simple uso caracteriza á persoa. En todo caso, é fácil oír a persoas das clases dominantes que se expresan en galego, e as persoas galegofalantes non renuncian ao seu idioma cando se dirixen a castelanfalantes. Témese que existan clases populares que se distingan pola lingua que usan.
Funcións contextuais: o galego só se empregaba en contextos familiares e informais, ágora é un feito innegable a súa presenza nos usos sociais formais e públicos.
Ata a chegada da democracia, Galicia vivía unha situación de bilingüismo diglósico: coexistían dúas linguas repartidas de xeito desigual, o castelán falado polas clases dominantes e empregado nos usos formais e públicos, e o galego falado polas clases populares. Daba-se unha situación de conflito lingüístico: os falantes deixan de usalo, de falar a lingua leva ao seu fallo, e isto explica que cada vez máis xente opte polo castelán. O conflito lingüístico é consecuencia do bilingüismo diglósico, que provocaba que falar castelán fose unha condición imprescindible para conseguir o ascenso social. Na sociedade galega estableceronse estereotipos negativos como: o galego non ten gramática, é simple e incompleto, mentres que o castelán é unha lingua completa e moderna. Estas falsas crenzas acaban sendo asumidas por moitos falantes de galego que rematan por abandonar a súa lingua, e serven para dar sustento ideolóxico ao bilingüismo diglósico e ao proceso de substitución da lingua.
Historia da normativización
Normalización é o proceso de adquisición, por parte dunha lingua, de funcións e ámbitos de uso, e de recuperación dos foros que lle foron usurpados por outra. Pretende restaurar o unilingüismo natural eliminando as situacións diglósicas. No caso do galego, non se conseguiu unha plena normalización lingüística. Os atrancos son de dous tipos:
- Socioculturais: a desconfianza dunha parte aínda importante de galegos pola súa lingua.
- Lingüísticas: dificultades entre os defensores do galego sobre a norma ortográfica e morfolóxica, sobre todo a modernización do vocabulario galego.
A normativización é a elaboración dunha norma aceptada por toda a comunidade, que represente a lingua estándar como solución superadora dialectal, e que teña a súa base na determinación dunha ortografía, gramática e vocabulario do idioma. Ata 1982 existía xa unha tradición moderna de cultivo escrito con máis de 150 anos; a variedade estándar elaborada pola RAG e o ILG supón unha ruptura, senón unha ferramenta para a súa continuación.
A necesidade dun estándar acentuouse coa chegada da democracia, cando a lingua pasou a ser de administración autonómica, se preceptuou nos medios de comunicación públicos e se converteu en materia de ensino. A variedade estándar non foi plenamente aceptada por algúns sectores sociais, interesados en sinalar que o galego e o portugués son unha mesma lingua. As propostas que mantiñan unha actitude máis semellante á RAG, e as que pretendían acercarse en maior grao á escrita portuguesa, denominaronse reintegracionistas.
Outro problema son as interferencias estruturais. O contacto co castelán dá lugar a pares xuízos: o diferencialismo, que evita o uso de formas galegas que coinciden co castelán ou que se parecen a el, podendo dar lugar a hiperenxebrismo; e a converxencia, que emprega só as formas que coinciden co castelán.
Linguas minorizadas
Distínguese entre linguas minoritarias, as que teñen poucos falantes, e linguas minorizadas, as que non poden exercer funcións institucionais altas. O galego é unha lingua minorizada porque: os galegos están a aprender castelán pero non galego; moitos galegos falan galego pero non o len con soltura, e menos aínda son capaces de escribilo, porque len e escriben en castelán. A lingua falada pola maioría dos galegos non se emprega de forma maioritaria no ensino superior. Os libros véndense en menor cantidade que os escritos en castelán, o que vai unido á falta de costume ou de capacidade para ler en galego, e a maior parte da publicidade está en castelán.
A minorización do galego é a consecuencia da historia de Galicia: o castelán consolidouse como lingua do Estado e dos poderes sociais, e a súa forte presenza provocou a minorización da lingua propia en case todas as súas esferas. O Estado fixo do castelán a lingua oficial, e os presidentes... falan castelán.
A chegada da democracia permitiu que se puidesen tomar medidas conducentes á normalización do galego, entre elas: a cooficialidade do galego, a instrución do galego no ensino, a creación da RTVG, a creación dunha variedade estándar, e campañas institucionais que fomentan o uso do galego e tratan de convencer aos seus falantes de que non abandonen a lingua. Promóvese a vida cultural en galego a través de políticas culturais. A mocidade xa non se avergoña de falar galego, e existen persoas con castelán como lingua materna que dan o paso de falar galego e pasan a usalo como lingua habitual.