Conceptos Clave de Economía, Agricultura e Industria
Classified in Spanish
Written on in
English with a size of 4.45 KB
Conceptos Fundamentais da Economía
Sistema económico: é o xeito como se producen os bens e os servizos nunha sociedade.
Economía de mercado: enténdese como a organización e asignación da produción e o consumo de bens e servizos que xorde do xogo entre a oferta e a demanda.
Mercado: o lugar onde se mercan e se venden bens ou servizos.
Subsistencia: producir todo aquilo que precisan para cubrir as súas necesidades básicas.
Axentes económicos: son as persoas, as empresas e o Estado, que coas súas decisións interveñen de xeito decisivo no funcionamento da economía (as persoas, o sector público e as empresas).
Os Bens e os Factores de Produción
Bens de consumo: son os bens finais no proceso de produción dunha economía.
- Bens duradeiros: coche, mobles, vivendas.
- Bens non duradeiros: comida, tabaco, gasolina.
Recursos que son limitados e presentan problemas de esgotamento.
Factores de produción: o traballo, o capital, a tecnoloxía e o coñecemento.
- Factor traballo: é toda a actividade humana, física ou intelectual, útil para producir bens ou subministrar servizos.
- Capital: é para producir bens ou servizos.
Sectores da Actividade Económica
Diferentes sectores de actividade:
- Sector primario: actividades destinadas a obter alimentos e materias primas do medio natural.
- Sector secundario: transforman as materias primas en produtos elaborados.
- Sector terciario: prestar servizos.
- Sector cuaternario: actividades relacionadas coa xestión e a distribución da información.
A Agricultura e a Estrutura Rural
Agricultura: conxunto de actividades económicas e técnicas relacionadas co tratamento do chan e o cultivo da terra.
Factores físicos e agrarios: condicións naturais, aumento de poboación, políticas agrarias, medios técnicos e o destino final das colleitas.
Políticas agrarias: son fundamentais porque aplican plans de mellora que contribúen ao desenvolvemento agrícola.
Tipos de Agricultura e Aproveitamento
- Agricultura de subsistencia e agricultura de mercado:
- Subsistencia: orientada ao autoconsumo.
- Mercado: orientada á venda.
- Intensivo: máxima produtividade nunha superficie o máis pequena posible e con grandes investimentos.
- Extensiva: grandes parcelas para obter a baixo prezo grandes cantidades dun produto.
- Secaño: os cultivos unicamente reciben auga da choiva.
- Policultivo: divídese en moitas parcelas pequenas onde se cultivan diferentes especies vexetais.
- Monocultivo: un só cultivo.
Espazo Rural e Morfoloxía Agraria
Poboamento rural: a parte habitada do espazo rural. Pode ser rural concentrado ou rural disperso:
- Concentrado: vivendas agrupadas.
- Disperso: vivendas illadas unhas doutras.
Parcela: divisións do solo agrario, que se poden diferenciar polas dimensións e a morfoloxía:
- Bocage: parcelas pechadas e de formas irregulares.
- Openfield: parcelas abertas de formas regulares.
O Proceso Industrial e a Empresa
Principais elementos do proceso industrial: materias primas, fontes de enerxía, o traballo, o capital, tecnoloxía e organización da empresa.
Investir en tecnoloxía: serve para fabricar máis.
Fordismo e a orixe da sociedade: destacou porque foi unha forma de produción industrial.
Primeira Revolución Industrial: caracterizouse porque impulsou o capitalismo.
Terceira Revolución Industrial: caracterizada polo papel central da tecnoloxía.
Publicidade: é clave para o éxito dunha industria.
Cooperativa: asociación autónoma de persoas unidas voluntariamente para formar unha organización democrática.