Causas, Economía de Guerra e Creación da ONU na II Guerra Mundial

Classified in Other languages

Written on in English with a size of 3.17 KB

Antecedentes e Estalido da Segunda Guerra Mundial

Renovouse en maio co nome de Pacto de Aceiro. En novembro de 1936, Alemaña asinou co Xapón o Pacto Antikomintern. Francia e o Reino Unido comprometeronse con Polonia a ir á guerra se era necesario. Hitler asinou con Stalin o Pacto Xermano-Soviético. Os aliados declararonlle a guerra a Alemaña. Así empezou a Segunda Guerra Mundial. A guerra tivo un alcance total, afectando a todos os continentes e a máis de 50 millóns de soldados.

Poboación e Economía ao Servizo da Guerra

Non só afectou ás tropas, senón tamén á poboación civil. O concepto tradicional de retaguarda desapareceu. Estas accións perseguían destrúir e desartellar a organización industrial e económica do enemiogo e debilitar a súa capacidade militar. Requiriu a intervención do Estado na vida económica para poñer a produción, a ciencia e a técnica ao servizo das necesidades bélicas, volvendo dunha tecnoloxía da morte.

No Reino Unido, EE. UU. e Xapón significou a mobilización das mulleres e a súa incorporación ao mercado laboral. A escaseza de alimentos e de bens de consumo obrigou os países a organizaren a penuria cotiá por medio do racionamento, que estimulou o mercado negro.

Batalla Ideolóxica

Como xa vimos na Primeira Guerra Mundial, os dous bandos exaltaron os valores patrióticos e o odio ao enemigo. Os aliados centraron as súas campañas non só no espírito de loita, na responsabilidade de se uniren ao esforzo bélico e na defensa da unidade dos aliados, senón moi especialmente na exaltación dos valores democráticos.

As potencias do Eixe, e especialmente a Alemaña nazi, defenderon o valor e a superioridade da raza aria. Para lanzaren as súas mensaxes empregaron a radio, os noticiarios, o cinema, a prensa e os carteis de propaganda.

A Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político democrático que existiu en España entre o 14 de abril de 1931, data da súa proclamación en substitución da monarquía de Afonso XIII, e o 1 de abril de 1939, data do final da guerra civil, que deu paso ao réxime franquista.

A Organización das Nacións Unidas (ONU)

A ONU é a maior organización internacional existente. Defínese como unha asociación de goberno global que facilita a cooperación en asuntos como o dereito internacional, a paz e a seguridade internacional, o desenvolvemento económico e social, os asuntos humanitarios e os dereitos humanos.

A ONU foi fundada o 24 de outubro de 1945 na cidade estadounidense de San Francisco, por 51 países, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, coa firma da Carta das Nacións Unidas.[1]

Related entries: