Analítica Trascendental de Kant: Conceptos Puros e Categorías

Classified in Other languages

Written on in English with a size of 3.76 KB

Analítica trascendental

O coñecemento sensible sitúanos ante os obxectos proporcionándonos unha multiplicidade de impresións no espazo e no tempo. Pero esta percepción non implica que comprendamos o percibido. Comprender é o que fará o entendemento por medio de conceptos. Comprender un obxecto é referilo a un concepto; se non somos capaces de referir as nosas percepcións sensibles a un concepto, non podemos comprendelo. Isto fanse por medio dos xuízos: "Isto é unha mesa". O entendemento ten a facultade de emitir xuízos, ten a facultade de xulgar ou relacionar de distinta forma os conceptos. Por iso hai diferentes tipos de xuízos.

O noso coñecemento necesita, por tanto, das percepcións sensibles (que extrae da sensibilidade) e dos conceptos que se forman no entendemento. Hai dous tipos de conceptos: conceptos empíricos e conceptos puros. Os primeiros son a posteriori e proceden da experiencia (ex: mesa) e non nos interesan; os segundos son a priori e prodúceos o entendemento de forma espontánea (non innata), sen derivalos da experiencia. A estes conceptos puros a priori, que o entendemento aplica ás impresións sensibles e serven para unificalas e ordenalas, Kant denomínaos categorías.

Hai doce, tantas como tipos de xuízos, e o proceso polo cal averigua cantas e cales son denomínase deducción metafísica das categorías.

Que significa que as categorías son as formas a priori do entendemento? O proceso para responder a esta pregunta é denominado por Kant deducción trascendental das categorías.

Como son posibles os xuízos sintéticos a priori na Física? Evidentemente son sintéticos, posto que amplían o noso coñecemento, pero son a priori?

Antinomias da razón pura

1) Primeira antinomia

Tese: O Universo ten un principio no tempo e límites no espazo.
Antítese: O Universo é infinito no espazo e no tempo.

2) Segunda antinomia

Tese: Toda substancia composta consta de partes simples e no mundo non existe máis que o simple ou o composto do simple.
Antítese: Ningunha cousa composta consta de partes simples e no mundo non existe nada simple.

3) Terceira antinomia

Tese: A causalidade segundo as leis da natureza non é a única causalidade da que poden derivarse todos os fenómenos do mundo. Para explicar eses fenómenos é necesaria outra causalidade libre.
Antítese: Non hai liberdade. Todo canto sucede no mundo desenvólvese exclusivamente segundo as leis da natureza.

4) Cuarta antinomia

Tese: Ao mundo pertence, ben como parte súa, ben como causa súa, un ser necesario.
Antítese: Non existe no mundo ningún ser absolutamente necesario, como tampouco existe ese ser necesario fóra del como causa súa.

Argumentos sobre a existencia de Deus

1) Argumento ontolóxico

Se temos a idea dun ser perfecto, ese ser perfecto debe existir na realidade, non só como idea, e debe ser a causa da idea que eu teño de perfección. (Argumento ontolóxico de S. Anselmo e unha das demostracións cartesianas).

2) Argumento cosmolóxico

Fundaméntase en que no mundo existen seres e eses seres, non tendo en sí mesmos a razón de existir (contingentes), forzosamente deben depender de outro (necesario). (Exemplos: as vías primeira, segunda e terceira de Santo Tomás).

3) Argumento físico-teolóxico

Baséase no feito de que no mundo existe unha orde e unha beleza que non pode ser froito da casualidade. (Análogo á quinta vía tomista).

Related entries: