Propiedades e Aplicacións de Materiais Naturais e Sintéticos
Classified in Technology
Written on in English with a size of 4.13 KB
Materiais Téxtiles
Os materiais téxtiles poden ser naturais ou sintéticos. As fibras naturais extráense de materias primas de orixe animal, vexetal ou mineral.
Fibras de Orixe Natural
Orixe Vexetal
Algodón: Provén do froito da planta do mesmo nome, da familia das malváceas. Aínda que a súa cor natural é branca, pode tinguirse de moitas cores. É elástico e flexible, bo illante térmico, resistente aos ácidos, lixeiro e permeable.
Liño: Obtense do talo da planta do mesmo nome, da familia das lináceas. A súa cor natural é branca ou castaña. É suave, flexible, bo condutor térmico e resistente ao cloro e á lixivia.
Esparto: Extráese das follas dunha planta herbácea. É moi resistente e tenaz. Emprégase na industria do calzado,... Continue reading "Propiedades e Aplicacións de Materiais Naturais e Sintéticos" »