Notes, summaries, assignments, exams, and problems for Employment training and career guidance

Historia Contemporánea de España: Cortes de Cádiz, Primeira República e Restauración

Employment training and career guidance11.75 KB

Tema 2. As Cortes de Cádiz

Despois das abdicacións de Baiona e da revolta popular en Madrid o 2 de maio de 1808, quedou claro que a maioría da poboación española non ía aceptar o reinado de Xosé Bonaparte. Comeza así a Guerra da Independencia. O novo rei convocou Cortes en Baiona, onde aprobou un código constitucional, o Estatuto de Baiona, de carácter reformista, que abolía os privilexios e garantía a liberdade de todos os cidadáns, seguindo os principios da Revolución Francesa. Isto valeulle o apoio dalgúns españois, os chamados afrancesados.

Pero na maior parte de España a actitude fronte ó novo reinado foi de resistencia. Así, por todo o territorio xurden xuntas patriotas de defensa que se van a agrupar nunha Xunta Suprema...

Continue reading "Historia Contemporánea de España: Cortes de Cádiz, Primeira República e Restauración" »

Poesía Galega Contemporánea: Transición, Xeracións e Tendencias

Employment training and career guidance2.81 KB

Coa morte de Franco déronse unha serie de cambios políticos coñecidos como Transición. Un dos resultados foi a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, ano no que se constituíu a Xunta de Galicia. Dous anos despois aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, que permitiu que o galego accedese a novos ámbitos, como a Administración, os medios de comunicación e o ensino. Isto viuse apoiado pola creación de editoriais como Edicións Xerais, a creación da AELG e a aparición de numerosos premios.

Poesía

Imperaba a liña social realista iniciada por Celso Emilio Ferreiro, pero este autor deu paso a outra temática, con “Onde o mundo se chama Celanova”. Méndez Ferrín tomou unha liña política e culturalista con...

Continue reading "Poesía Galega Contemporánea: Transición, Xeracións e Tendencias" »

As forzas de oposición ao franquismo: guerrilla, exilio e protesta

Employment training and career guidance3.28 KB

As forzas de oposición ao réxime de Franco

Ao longo do goberno de Franco houbo varios opositores ao mesmo, tanto no interior do país como no exterior. As primeiras oposicións xa viñan dos elementos que se enfrontaran a el desde a Guerra Civil.

A guerrilla antifranquista

A guerrilla antifranquista estivo formada por grupos e partidos políticos que decidiron organizar a protesta no interior do país, empregando como arma fundamental a loita armada. No documento 1 fálase das orixes da guerrilla antifranquista, onde os fuxidos eran xente que escapara aos montes coa esperanza de poder regresar ao cabo de uns días ás súas casas. Pero a evolución do estado do país obrigou a moitos destes fuxidos a organizar unha resistencia que durou, nalgúns...

Continue reading "As forzas de oposición ao franquismo: guerrilla, exilio e protesta" »

Exame de Ecoloxía: Conceptos Clave, Adaptacións e Ciclos

Employment training and career guidance4.57 KB

Exame C

1. Organismo estenoico

Organismo estenoico: Moi exixentes respecto aos valores dun determinado factor ambiental. Os seus límites de tolerancia marcan un intervalo estreito e a súa valencia ecolóxica é baixa. Son organismos «especialistas» cuxa distribución xeográfica é limitada.

Factor limitante

Factor limitante: Factores abióticos que poden atoparse ausentes ou en concentración tan baixa que impiden a vida.

Pirámide trófica

Pirámide trófica: Representación gráfica da estrutura xeral dun ecosistema, organizada por niveis tróficos. Na base sitúase sempre o nivel trófico dos produtores.
Tipos:
  • Pirámide de biomasa
  • Pirámide de números
  • Pirámide de enerxía

Límite de tolerancia

Límite de tolerancia: Valores máximos e mínimos
...
Continue reading "Exame de Ecoloxía: Conceptos Clave, Adaptacións e Ciclos" »

A ditadura de Primo de Rivera: Causas, Políticas e Caída

Employment training and career guidance3.84 KB

A ditadura de Primo de Rivera

Tras o fracaso da guerra en Marrocos, as críticas ao rei pola responsabilidade do desastre de Annual, a radicalización das manifestacións catalanistas, un aumento do terrorismo con elevado número de vítimas e o medo á subversión social e política provocaron que o 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona. Neste doc. 1 vese como Primo de Rivera presenta o seu poder dando un Golpe de Estado. Inicialmente contou cunha ampla aceptación popular, explicable polo malestar político e social existente en España, e porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria...

Continue reading "A ditadura de Primo de Rivera: Causas, Políticas e Caída" »

A Economía de Entreguerras e o Crac de 1929

Employment training and career guidance3.85 KB

Efectos da Primeira Guerra Mundial

A guerra trouxo enormes custos financeiros. Un deles foi a excesiva creación de diñeiro, que provocou a súa depreciación e unha gran inflación (rápida alza dos prezos); outra consecuencia foi a débeda interna que tiveron os países belixerantes, a cal máis tarde se estendeu a unha débeda exterior.

O Boom Económico ata 1920

Este boom económico apareceu tras o remate da guerra (nos anos 1919-1920). Consistiu en que os países europeos afectados polo conflito tiveron que renovar diferentes bens (transportes, ferramentas...) para arranxar os danos estruturais provocados polo conflito bélico. Estes gastos foron realizados co sistema de créditos establecido na guerra, no que recibían préstamos baratos....

Continue reading "A Economía de Entreguerras e o Crac de 1929" »

Franquismo: Falanxe, Sección Feminina e Nacionalcatolicismo

Employment training and career guidance3.5 KB

Institucións e ideoloxía do franquismo

FET e das XONS: siglas de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, a organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación, que fusionaba o movemento tradicionalista carlista coas formacións fascistas de Falanxe Española e das XONS. Foi a única formación política autorizada durante o franquismo, coñecida como Movemento Nacional.

Sección Feminina

Sección Feminina: organización fundada en 1934 como rama feminina de Falanxe Española. Foi dirixida por Pilar Primo de Rivera e, durante o franquismo, monopolizou a educación das mulleres coa finalidade de formar amas de casa, subordinadas aos varóns e destinadas a ter fillos e educalos...

Continue reading "Franquismo: Falanxe, Sección Feminina e Nacionalcatolicismo" »

Franquismo: Política Económica, Sociedade e Nacionalcatolicismo

Employment training and career guidance11.3 KB

FET e das XONS

FET e das XONS: Siglas de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, a organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación, que fusionaba o movemento tradicionalista carlista coas formacións fascistas de Falanxe Española e das XONS. Foi a única formación política autorizada durante o franquismo, sendo coñecida como Movemento Nacional.

Sección Feminina

Sección Feminina: Organización fundada en 1934 como rama feminina de Falanxe Española. Foi dirixida por Pilar Primo de Rivera e, durante o franquismo, monopolizou a educación das mulleres coa finalidade de formar amas de casa, subordinadas aos varóns e destinadas a ter fillos e educalos segundo as normas...

Continue reading "Franquismo: Política Económica, Sociedade e Nacionalcatolicismo" »

Renovació del teatre català de la postguerra als anys 70

Employment training and career guidance4.04 KB

Renovació teatral del període de la postguerra fins als anys 70

Descriu la renovació teatral del període que va des de la postguerra fins als anys 70.

Una vegada acabada la Guerra Civil espanyola, amb la implantació del règim franquista, el teatre en llengua catalana va ser proscrit dels escenaris professionals i es va desconnectar del teatre europeu i nord-americà, que guanyava força i innovació al final de la Segona Guerra Mundial. Més endavant, el 1955 es va fundar l'Agrupació Dramàtica de Barcelona (ADB), una companyia de teatre reconeguda legalment que, amb limitacions, aconseguí programar clàssics com Shakespeare i Txèkhov i també promocionar autors com Joan Oliver, Salvador Espriu, Joan Brossa i Manuel de Pedrolo. També...

Continue reading "Renovació del teatre català de la postguerra als anys 70" »

Contexto Histórico e Artístico do Renacemento

Employment training and career guidance4.25 KB

Contexto histórico e político do Renacemento

A Italia renacentista era un mosaico político formado por ducados, repúblicas e cidades-estado, como Florencia ou Milán, dominados por familias aristocráticas ou de banqueiros. Na Italia do Quattrocento, as dinastías de príncipes ou tiranos levaron a cabo o papel de mecenas: figuras ricas, poderosas e relevantes que protexían e axudaban economicamente aos artistas (como os Médici en Florencia e Roma ou os Sforza en Milán), actuando como os principais comitentes da época. Estes gobernantes foron quen de manterse no poder dalgunhas cidades durante moitos anos. No resto de Europa, os monarcas gobernaban co apoio da burguesía urbana, unha nova clase social xa consolidada que, do mesmo xeito...

Continue reading "Contexto Histórico e Artístico do Renacemento" »