A ditadura de Primo de Rivera: Causas, Políticas e Caída

Employment training and career guidance3.84 KB

A ditadura de Primo de Rivera

Tras o fracaso da guerra en Marrocos, as críticas ao rei pola responsabilidade do desastre de Annual, a radicalización das manifestacións catalanistas, un aumento do terrorismo con elevado número de vítimas e o medo á subversión social e política provocaron que o 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona. Neste doc. 1 vese como Primo de Rivera presenta o seu poder dando un Golpe de Estado. Inicialmente contou cunha ampla aceptación popular, explicable polo malestar político e social existente en España, e porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves problemas vixentes. Os políticos conservadores, os terratenentes, a burguesía comercial e financeira e os pequenos e medianos propietarios apoiaron a nova situación política. Unicamente o Partido Comunista e os anarquistas da CNT mantiveron unha total oposición á ditadura.

O primeiro goberno da ditadura estivo formado só por militares. O novo gabinete gobernou mediante decretos e prestou especial atención ao desmantelamento do sistema político da Restauración co obxectivo de acabar co caciquismo e lograr rexenerar a vida política, o restablecemento da orde pública, a defensa da unidade da patria e o fin da guerra de Marrocos.

Neste doc. 2, Primo de Rivera propón a Alfonso XIII substituír o Directorio Militar por un Directorio Civil. En decembro de 1925, tras o éxito en Marrocos e restablecida a orde pública, Primo de Rivera constituíu un Directorio formado maioritariamente por civís vinculados á Unión Patriótica, para volver á normalidade. Houbo un intento de instauración dun réxime corporativo; as pezas básicas do novo sistema serían a Organización Corporativa do Traballo, creada en 1926, e a Asemblea Nacional, constituída en 1927. Dous anos despois, esta Asemblea Nacional presentou o proxecto dunha nova Constitución. Por outro lado, houbo unha elaboración dunha ampla lexislación laboral e social e a potenciación do desenvolvemento económico con medidas inspiradas no fascismo italiano, como un forte proteccionismo, un regulamento da produción e da competencia creando organismos supervisores como o Consello de Economía Nacional e o Comité Regulador da Produción Industrial, un control do mercado interior e dos prezos, fomento da produción nacional, unha formación de monopolios, unha potenciación das vías de comunicación e das obras públicas e un intento de reforma fiscal. Por último, houbo tamén un incremento da oposición e a caída de Primo de Rivera. O intento do réxime de perpetuarse fixo que as críticas fosen cada vez máis duras e que procedesen de ámbitos moi diversos, como os políticos liberais, os republicanos, os estudantes, os anarquistas, os nacionalistas políticos e os militares.

Ante estas dificultades, e querendo comprobar se seguía contando co apoio do exército para seguir gobernando, preguntoulles aos xefes militares se contaban coa súa confianza. As respostas caracterizáronse pola ambigüidade e a falta de entusiasmo. Sentíndose só e sen apoio do exército, o ditador presentou a súa dimisión ao rei o 29 de xaneiro de 1930, dimisión que foi aceptada. Rematada a ditadura, Ángel Ossorio, que sería deputado nas Cortes republicanas, xuízga así a situación de España nese momento, unha España rota en sentidos militares, económicos, en xustiza, etc. Isto é o que se mostra no doc. 3.

En conclusión, tras un fracaso no reinado de Alfonso XIII, Primo de Rivera impón unha ditadura que primeiro será militar e despois civil, pero tras o rexeitamento dos xefes militares presenta a súa dimisión, deixando a España rota.

Download

PDF Word HTML