As forzas de oposición ao franquismo: guerrilla, exilio e protesta
As forzas de oposición ao réxime de Franco
Ao longo do goberno de Franco houbo varios opositores ao mesmo, tanto no interior do país como no exterior. As primeiras oposicións xa viñan dos elementos que se enfrontaran a el desde a Guerra Civil.
A guerrilla antifranquista
A guerrilla antifranquista estivo formada por grupos e partidos políticos que decidiron organizar a protesta no interior do país, empregando como arma fundamental a loita armada. No documento 1 fálase das orixes da guerrilla antifranquista, onde os fuxidos eran xente que escapara aos montes coa esperanza de poder regresar ao cabo de uns días ás súas casas. Pero a evolución do estado do país obrigou a moitos destes fuxidos a organizar unha resistencia que durou, nalgúns casos, case 30 anos.
En outubro de 1944 houbo un intento de invasión desde Francia, na que participaron uns 10.000 guerrilleiros, pero isto fracasou. Entre 1944 e 1952 a actividade guerrilleira foi moi intensa en Asturias, León, Sistema Ibérico e Galicia. Nas guerrillas tiveron cabida todas as ideoloxías contrarias ao réxime de Franco, pero a máis significativa foi a comunista.
A oposición nos anos sesenta
Ao tempo que se liberalizaba e melloraba a situación económica, os anos sesenta estiveron caracterizados pola intensificación da oposición, que demandaba a restauración do sistema democrático. O goberno creou o Tribunal de Orde Pública, diminuíndo a actuación dos tribunais militares. Entre as principais fronte opositoras estiveron a universidade, o movemento obreiro, a Igrexa católica e a oposición política.
En febreiro de 1962 o Goberno de Franco formulou a petición de entrada na Comunidade Económica Europea. Desde o exilio, Salvador de Madariaga, o portavoz deste documento 2, organizou en xuño dese ano a asistencia de destacados membros da oposición do interior e do exilio a unha reunión do Congreso do Movemento Europeo reunido en Munich. Todos tiñan en común o desexo de instaurar en España un sistema político democrático. A prensa do réxime franquista cualificou este congreso como Contubernio de Munich. Moitos dos asistentes foron encarcerados ao seu regreso a España, ou tiveron que exiliarse. Mentres, o Goberno organizaba manifestacións contra esta suposta inxerencia exterior nos asuntos internos de España.
O final do franquismo e as reformas
O deterioro da saúde de Franco e as promesas de reformas intensificaron a actividade dos grupos de oposición ao réxime, tanto no interior como no exterior de España. Houbo unha oposición tanto en sectores tradicionalmente fieis ao franquismo como nas forzas que se opuxeron. As disidencias políticas, esperanzadas polas reformas anunciadas o 12 de febreiro de 1974, como se ve no documento 3, onde o Partido Comunista de España inspirou a formación da Xunta Democrática. Diversos políticos e intelectuais pretenderon unha transformación do réxime cara a posicións máis democráticas desde dentro do propio sistema; a maioría deles formaron parte do grupo Tácito.
Conclusión
En conclusión, a oposición ao réxime de Franco se fixo presente ao longo de todo o seu goberno, aínda que nunca chegou a incidir de forma significativa dentro do réxime.