Exame de Ecoloxía: Conceptos Clave, Adaptacións e Ciclos
Exame C
1. Organismo estenoico
Organismo estenoico: Moi exixentes respecto aos valores dun determinado factor ambiental. Os seus límites de tolerancia marcan un intervalo estreito e a súa valencia ecolóxica é baixa. Son organismos «especialistas» cuxa distribución xeográfica é limitada.
Factor limitante
Factor limitante: Factores abióticos que poden atoparse ausentes ou en concentración tan baixa que impiden a vida.
Pirámide trófica
Pirámide trófica: Representación gráfica da estrutura xeral dun ecosistema, organizada por niveis tróficos. Na base sitúase sempre o nivel trófico dos produtores.
Tipos:
- Pirámide de biomasa
- Pirámide de números
- Pirámide de enerxía
Límite de tolerancia
Límite de tolerancia: Valores máximos e mínimos dun factor ambiental entre os que unha especie pode vivir.
Sucesión ecolóxica
Sucesión ecolóxica: Proceso de cambio, natural e constante, que sofre un ecosistema ao longo do tempo.
Etapas:
- Iniciais: Abundan as especies xeneralistas e de pequeno tamaño. O número de nichos ecolóxicos e a biomasa almacenada son escasos.
- Intermedias: Aparecen poboacións especialistas. Aumentan o número de nichos ecolóxicos, a cantidade de biomasa almacenada, o tamaño dos organismos e o número de especies.
- Final: Máximo nivel de organización do ecosistema. A biodiversidade, o número de nichos ecolóxicos e a biomasa almacenada son elevados.
Tipos:
- Primarias: Cando se inicia nun substrato espido, sen comunidade preexistente.
- Secundarias (regresión): Cando se producen como consecuencia dunha alteración importante.
2. Relacións entre organismos
- Fungo de penicilina e bacterias: Interespecífica, amensalismo, 0N, -P
- Líquenes: Interespecífica, simbiose, +B, +B
- León e gacela: Interespecífica, predador-presa, +B/+P
- Arrecife de coral: Intraespecífica, cooperación colonial, +B, 0
- Bandada de paxaros: Intraespecífica, cooperación, gregaria, +B, 0
3. Cadea trófica
- Fitoplancto: produtores
- Zooplancto: consumidor primario
- Krill: consumidor secundario
- Baleas: consumidor terciario
(Definición modelo A)
4. Adaptacións
- a) Morfolóxica ou anatómica (adáptanse ao medio acuático)
- b) Fisiolóxica ou funcional (falta de luz)
- c) Morfolóxica ou anatómica (escaseza de auga)
- d) Etolóxica ou de comportamento (protección)
Adaptación: Característica morfolóxica, fisiolóxica ou de comportamento dunha especie que lle permite incrementar as súas posibilidades de supervivencia no seu contorno.
5. Ciclos bioxeoquímicos
- a) Por bacterias e fungos
- b) Pola fixación pola luz
- c) Desnitrificación, onde as bacterias se atopan no chan
- d) Aumenta o nitróxeno pola queima de combustibles, contamina (efecto invernadoiro)
- e) Proteínas e ácidos nucleicos
- f) A través dos seus excrementos, deixan fósforo no chan
- g) Pola acumulación de rochas sedimentarias fosfatadas
- h) Transforman os restos orgánicos en combustibles fósiles e rochas carbonatadas
- i) Pola fotosíntese e disólvese na auga dos océanos
- j) Diminúe a reserva de combustibles fósiles e acidifica os océanos
8. Definicións
- a) Hábitat
- b) Nicho ecolóxico
- c) Nivel trófico
- d) Ciclos bioxeoquímicos
- e) Biomasa
- f) Produción
- g) Límites de tolerancia
- h) Ecolóxica, primaria
- i) Especie xeneralista
- j) Regresión