Glosario de Historia de España: Términos Clave en Galego
Classified in Training and Employment Advise
Written on in
English with a size of 9.82 KB
PAZ DE UTRECHT: Tratados de paz asinados entre 1713 (cidade holandesa de Utrecht) e 1714 (cidade alemá de Rastatt), que puxeron fin á chamada Guerra de Sucesión, recoñecendo as potencias implicadas a Felipe V como rei de España a cambio de cesións territoriais e determinadas vantaxes comerciais; entre outras: Gran Bretaña obtiña Xibraltar e Menorca, un navío de permiso para comerciar con América e o asentamento de negros.
PRAGMÁTICA SANCIÓN DE 1830: Lei promulgada por Fernando VII en marzo de 1830, que supón a posta en vigor da Pragmática Sanción de 1789 de Carlos IV; esta anulaba o Auto Acordado de 1713 de Felipe V que imposibilitaba ás mulleres acceder ao trono, restablecendo o sistema de sucesión tradicional das Sete Partidas