O Exilio Galego: Literatura, Teatro e Cultura en Bos Aires
Classified in Training and Employment Advise
Written on in
English with a size of 3.38 KB
A Diáspora Galega en Bos Aires e Montevideo
En Bos Aires e Montevideo concentráronse moitos intelectuais que lograron fuxir da represión franquista, como Castelao, Seoane, Dieste, etc. A eles sumáronse persoeiros como Blanco Amor, Emilio Varela Buxán e outros. Esta concentración reforzou as posicións políticas do galeguismo.
Entre as moitas iniciativas levadas a cabo por esta organización, destacan:
- Organización de exposicións e conferencias.
- Fundación de varias editoriais (como EMECÉ e Citania).
- Publicación de obras emblemáticas da nosa literatura, como Sempre en Galiza e A Esmorga.
- Creación de xornais e revistas emigrantes (Galeuzca e Galicia).
- Constitución de grupos musicais, como o coro Majura Villanueva.
- Creación de varias axencias e entidades culturais.
- Presentación dun informe á UNESCO sobre a persecución da cultura e da lingua galega.
A Poesía na Diáspora
Luís Seoane: Poesía e Realismo Social
Luís Seoane foi un autor multifacético. As súas actividades incluíron a publicación de artigos en varios xornais arxentinos e na Revista Galega, a edición de varios libros sobre artistas, a publicación de dous libros (como O astrólogo irlandés), e a fundación de varias editoriais (Citania ou Nova). A súa poesía caracterízase polo estilo realista, dominado por temas sociais como a inmigración e o desterro.
Lorenzo Varela: Guerra Civil e Saudade
Publicou o poemario Catro poemas para catro gravados (con gravados de Seoane e prólogo de Cunqueiro). As tráxicas vivencias da Guerra Civil e a saudade da terra son temas centrais da súa obra.
Emilio Pita: Nostalxia do Emigrante
Publicou libros de poesía como Cantos de nenos e A Nosa Terra. Galicia e a nostalxia do emigrante son temas recorrentes nos seus libros.
Blanco Amor: O Cancioneiro
Blanco Amor editou en Bos Aires de posguerra o seu Cancioneiro. Nel mestura poemas longos e breves, de arte maior e menor.
O Teatro Galego no Exilio
O Teatro de Luís Seoane
A Soldadeira é unha peza de tema histórico e social sobre a Revolución Irmandiña. O Astrólogo Irlandés aborda o drama do exilio e o conflito entre o poder e a liberdade. Seoane apostou por unha nova concepción do teatro como teatro vivo, que se representa en calquera lugar, buscando ser un teatro non elitista e válido para todos os públicos.
Varela Buxán
Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina con obras como A xustiza dun muiñeira e Non sei se vou ou se veño.
A Narrativa na Diáspora
A narrativa producida no exilio reflicte as vivencias da guerra, a fuxida e a morriña:
- Ramón Otero Pedrayo: O tempo da eiva narra a súa vida no exilio francés e a pasaxe dos franquistas.
- Silvio Santiago: Vilardevós retrata a súa aventura fuxindo da España franquista.
- Antón Alonso Ríos: Iniciou a súa traxectoria como novelista coa súa obra Da saudade. Relatou os seus vinte meses de exilio e a súa fuxida de Galiza na novela Memorias dun fuxido.