Do Neolítico aos pobos prerromanos na Península Ibérica
Neolítico: etapa da prehistoria que localizamos en Occidente próximo hai 10.000 anos e na Península Ibérica hai 5.000 anos. Caracterízase pola pedra traballada para elaborar muíños de gran e obxectos pétreos pulidos. É unha etapa na que o ser humano desenvolve a agricultura, a gandeiría e a artesanía, e se volve sedentario para vivir en aldeas e cidades.
Cultura talayótica: cultura de grandes pedras da época do megalitismo que se desenvolveu nas illas Baleares, construída por tres tipos de monumentos: navetas, taulas e talayots.
O Neolítico: características e cambios con respecto ao Paleolítico
O Neolítico desenvolveuse na Península entre o 6.000 e o 3.000 a.C., e con bastante atraso con respecto a Oriente. Introduciuse pola...