Narrativa a partir de 1975 e da actualidade
A morte de Franco, en 1975, trouxo un novo marco político que supuxo un cambio radical no panorama social e cultural, con repercusións no discurso literario. Impulsado por este cambio, o sector vive unha gran expansión: novas editoriais, incremento de títulos, novos certames e premios literarios que promoven e difunden a creación.
Neste período fecundo da nosa literatura, o discurso narrativo consolídase e profesionalízase. Ademais, vai caracterizarse pola diversificación temática e formal. Ao lado dunha tendencia temática de máis tradición (intimista, histórica, realismo sociolóxico, ...), exploranse outras modalidades narrativas máis comerciais (novela policial, negra, aventuras, terror,...