A Lírica Galega nas Irmandades da Fala

Employment training and career guidance3.21 KB

A lírica no tempo das Irmandades da Fala

O rexurdimento que se produciu a principios do século XX e as novas ideas que se introduciron resultaron nunha nova situación que se caracterizou por unha tendencia cara á modernización das estruturas culturais, sociais e económicas. Tamén a dinamización e a posta en contacto co exterior para unha toma de conciencia das carencias da sociedade rural galega e conformar o seu propio destino resaltan nesta época. É agora cando aparecen actividades sen precedentes como as Irmandades da Fala, o Grupo Nós e as Vangardas.

As Irmandades da Fala créanse en 1916, configurando un paso decisivo na proxección do galeguismo cultural e político. Utilizan o xornal A Nosa Terra como órgano de expresión e celebran en 1918 a I Asemblea Nacionalista de Lugo, na que redactaron un manifesto no que pretendían conseguir a autonomía integral, a Federación/Confederación Ibérica e a oficialización da lingua galega. É, así mesmo, deste período a Revista Nós, que pretendía normalizar o uso do galego, e o Seminario de Estudos Galegos, institución cultural para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego. En 1931 prodúcese a fundación do Partido Galeguista, que perseguía a autodeterminación e o Estatuto de Autonomía para Galicia.

Tres grupos dentro das Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala dividíanse en tres grupos fundamentais:

  • os que manifestaban unha actitude de rexeitamento aos cambios;
  • os que buscaban unha síntese entre a tradición e a modernidade;
  • os vangardistas.

Os tradicionalistas: Antonio Noriega Varela

Dentro dos tradicionalistas destaca Antonio Noriega Varela. As características da súa produción literaria divídense en dous aspectos:

  • O costumismo, poesía popular na que trataba a dura vida campesiña e as alegrías festeiras;
  • O lirismo da natureza, que é unha integración do poeta coa paisaxe, con ausencia de anécdota e que trata a tenrura das cousas humildes.

Os seus sonetos teñen influencia portuguesa, preocupación estética, cultismos e musicalidade. As súas obras son Do ermo, A Virxe e a paisaxe e Como falan os brañegos.

A síntese entre tradición e modernidade: Ramón Cabanillas

No segundo grupo despunta Ramón Cabanillas. As súas obras caracterízanse por esa síntese de tradición e modernidade, por incorporar a inquedanza de Rosalía de Castro, o celtismo de Pondal e a ira de Curros, e pola introdución de elementos estéticos modernistas. Na súa produción destacan cinco eixes temáticos:

  • a denuncia social e significación cívica;
  • o lirismo sentimental e intimista;
  • textos de carácter costumista;
  • presenza de motivos novecentistas;
  • composicións de carácter patriótico.

A súa poesía divídese en lírica e narrativa. Na primeira sobresaen No desterro, Vento Mareiro e Da terra asoballada, de temática social-agrarista, e A rosa de cen follas, de temática intimista; e na segunda, O bendito San Amaro, Na noite estrelecida e Samos.

Download

PDF Word HTML