Fascismos no Período de Entreguerras (1918-1939)
T-9: Fascismos
Período de Entreguerras (1918-1939)
As ditaduras van a coller o poder (militares, fascistas, comunistas). Despois da 1ª Guerra Mundial a democracia queda tocada, apartada. En Italia e Alemaña preséntanse dous réximes novos, que se presentan como partidos novidosos, diferentes ao resto e con novas ideoloxías. Moitas persoas van a afiliarse a estes novos partidos para deixar atrás o antigo, xa que buscaban a novidade.
Hai outros moitos países nos que tamén vai haber ditaduras:
- España
- Portugal (ditadura militar de Salazar)
- Iugoslavia
- Hungría
- Polonia
- Grecia
Apenas hai democracias. Na URSS consolídase o réxime de Stalin. En Xapón (imperio) hai un goberno autoritario (militarista e nacionalista) que vai iniciar unha política de agresión a outros países, xa que buscan ser a potencia dominante nesa zona de Asia.
Hai que distinguir entre ditadura, totalitarismo e fascismo. Xeralmente os dous últimos son ditaduras, mais non sempre. Os fascismos son movementos:
- Antiliberais (intervención do Estado na economía)
- Ultranacionalistas
- Anticapitalistas
- Antidemocráticos (non queren que haxa un Parlamento, partidos políticos, eleccións…)
- Antimarxistas
Vanse a expandir por Europa no período de entreguerras e nun sentido estricto só podemos falar de fascismo en Alemaña (nazismo) e Italia.
Fundamentos doutrinais
Estes non son inventados por eles, senón que van a coller información de libros, filósofos, referentes…
Antecedentes
Eles preséntanse como partidos novos, pero todos beben do irracionalismo do filósofo Nietzsche. Non teñen unha carga moi intelectual, como o marxismo, senón que van a apelar ao sentimento. O creador do fascismo pode considerarse Mussolini, ideoloxía da que despois vai beber o nazismo. O que Hitler colle de Mussolini vai a remodelalo e engadirlle cousas novas.
O fascismo de Mussolini era máis simple, isto quere dicir que Hitler elabora máis as súas ideas. A esencia do nazismo recóllese en Mein Kampf (Mi Lucha), libro escrito por Hitler durante unha temporada que pasou no cárcere, na que esboza a esencia do nazismo xermánico:
- Culto ao xefe
- Primacía do Estado (o Estado é máis importante que o individuo, é o único que importa)
- Exaltación da violencia e da xuventude (todos estaban inscritos na asociación que lles correspondía, crean un novo modelo de home)
- Intenso racismo (Hitler considera que os xudíos e o comunismo son o mal do mundo…)