Narrativa galega desde 1975: Renovación e Diversidade

Employment training and career guidance2.63 KB

Narrativa a partir de 1975 e da actualidade

A morte de Franco, en 1975, trouxo un novo marco político que supuxo un cambio radical no panorama social e cultural, con repercusións no discurso literario. Impulsado por este cambio, o sector vive unha gran expansión: novas editoriais, incremento de títulos, novos certames e premios literarios que promoven e difunden a creación.

Neste período fecundo da nosa literatura, o discurso narrativo consolídase e profesionalízase. Ademais, vai caracterizarse pola diversificación temática e formal. Ao lado dunha tendencia temática de máis tradición (intimista, histórica, realismo sociolóxico, ...), exploranse outras modalidades narrativas máis comerciais (novela policial, negra, aventuras, terror, ciencia ficción, fantástica, relato erótico, ...), e aparecen outras (narrativa bravú, narrativa urbana, experimental, feminista, ...). A narrativa infantil e xuvenil ten un gran desenvolvemento, motivada en parte pola demanda escolar debido á inclusión do galego no ensino.

Os escritores

A nómina dos escritores é longa e coincide varias xeracións. Por un lado, publícanse as últimas obras de autores como Álvaro Cunqueiro ou Ánxel Fole. Ao mesmo tempo, atopamos autores en plena actividade que iniciaran a súa produción en períodos anteriores: Neira Vilas, Carlos Casares e Méndez Ferrín. Por último, autores nados nos anos 50, 60 e 70 que se incorporan neste momento ao discurso literario cun espírito renovador. Aínda que é moi difícil facer unha selección dos autores, ou unha clasificación dos mesmos, algúns dos máis importantes son:

Carlos Casares (1941-2002)

Homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, aínda que se deu a coñecer na NNG, as súas novelas posteriores teñen unha feitura moito máis clásica. A súa prosa é sinxela pero moi traballada, para resultar natural e atractiva. Ilustrísima (1980) é unha breve novela na que un bispo de principios de século en Ourense se ve obrigado por unha sociedade retrógrada e fanática a condenar o cine contra a súa vontade. Tamén destaca O sol de verán (2002), narrada por unha muller, Helena, que tras o suicidio do seu amigo Carlos lembra os momentos que compartiron, botando man do monólogo interior.

Alfredo Conde (1945)

Autor cunha ampla obra na que destacamos Xa vai o Griffón no vento (1984), Premio Nacional de Literatura (concedido por primeira vez a unha obra en galego), onde se tecen dúas historias paralelas: a vida dun inquisidor no Santiago do século XVI e a dun escritor galego interesado no grifo mitolóxico.

Download

PDF Word HTML