Literatura Galega: Poesía, Prosa e Teatro desde 1976
Literatura galega: 3º avaliación
Xeración dos 80
Consólidase definitivamente a renovación poética, e as súas características son os volumes colectivos (De amor e desamor I e II), a colaboración coas revistas Doma e Luzes de Galicia e, por último, a participación no Festival de Poesía do Condado. Forman parte: Ramiro Fonte, Manuel Rivas e Álvarez Caccamo. A súa produción foi un afán culturalista e decadentismo estético, e a síntese entre a modernidade e a tradición sen esquecer a exploración de novos mundos. Teñen unha liña intimista coa expresión do sentimento, a linguaxe sométese á experimentación e admiración por Cunqueiro e Manuel Antonio.Xeración dos 90
Miro Villar, Yolanda Castaño e Emma Pedreira estiveron nun proceso profundo e positivo de transformacións da poesía. Cambian os poetas dos 80 en plena madurez, poetas de etapas anteriores que publican agora e poetas máis novos.Anos 80
Mudanzas importantes provocadas polos cambios políticos, proliferación das editoriais e aparición de premios como o Blanco Amor e os Premios Xerais. Autores cunha relevancia por ter gañado algún dos premios anteriores: Víctor Freixanes, Oca, Conde. Abarcan diferentes xéneros como a novela histórica (O triángulo inscrito na circunferencia), a novela xeracional (A nosa cinza), a novela experimental (Un ano e un día) e a novela realista (Fumes de papel). Novidades foron unha serie de voces femininas como as de María Xosé con Amantia e Margarita con Mamá-fe. Literatura experimental e ruptura cos xéneros literarios tradicionais como Suso de Toro (Caixón desastre).
Anos 90
Proliferación de novas liñas temáticas: ficción científica con Ramón Caride, erótica con Bieito Iglesias, sentimental con Ramiro Fonte e western con Reigosa. O xénero de maior difusión foi a novela policial (Crime en Compostela), e dentro deste está a novela negra, que introduce o costumismo, a crítica social e o experimentalismo con Roque Morteira. Narrativa humorística con humor e crítica social, novela histórica con Darío Xohán, conto fantástico con Xosé Miranda, tratamento poético da linguaxe con Ramiro Fonte, narrativa urbana experimental con Suso de Toro, literatura transgresiva con Fran Alonso. Autores máis representativos foron Manuel Rivas con O lapis do carpinteiro e Xosé Carlos Caneiro con 3 tristes tigres. A comezos do século, a diversidade de xéneros e a ampliación de liñas temáticas teñen a continuidade da novela negra con Marcos Calveiro, a nova historica con Teresa Moure (Herba moura) e a literatura feminina con Rosa Aneiros. Os autores que se dedican á exploración de novas realidades: Senén Sende (Made in Galiza).
Anos 70 e inicios dos 80
Os momentos máis importantes do teatro a finais do XX danse en 1973 coa Mostra de Teatro de Ribadavia. A finais da década, Manuel Lourenzo e Francisco Pillado crean a Escola Dramática Galega, que tiña o obxectivo de formar autores e facilitar a representación, e os Cadernos da Escola Dramática Galega para a publicación dos textos. Nos anos 80 aparecen novos proxectos teatrais, a creación da Compañía Luis Seoane e, en 1984, a creación do Centro Dramático Galego, que nace co obxectivo de favorecer o desenvolvemento teatral. A proliferación de coleccións teatrais (os Libros do CDG e os Cadernos da Escola Dramática Galega) non supón un tecido editorial estable. Aparecen premios Álvaro Cunqueiro e Rafael Dieste, que posibilitan a publicación. Os autores máis veteranos estaban vinculados ás mostras do teatro de Ribadavia, con Manuel Lourenzo (Traxicomedia do vento. Tevas namorado dunha forca), Euloxio (Zardigot) e Vidal Bolaño (Laudamuco, señor de Ningures). Os autores máis novos caracterízanse polo culturalismo, o afastamento da realidade, a crítica, o humor e a ironía: Miguel Anxo Vello (A casa dos afogados), Xesús Pisón (Ei Feldmühle) e Manuel Guede (O nome dos disfraces).
Anos 90
Cunha maior implicación dos autores teatrais, cuxas características están na intertextualidade e na revisión da tradición autóctona. Autores como Miguel Anxo Murado (A grande noite de Fiz), Cándido Pazó (Raíñas de pedra), Raúl Dans (Lugar), Manuel Núñez (Comedia bífida) e Teresa Moure (Unha primaveira para Aldara).