A Literatura Galega no Exilio Republicano
Literatura galega no exilio
O sublevamento fascista interrompeu o avance normalizador da lingua e da literatura galegas. A represión afectou a artistas, políticos e intelectuais, que tiveron que marchar ao exilio, sobre todo a América, onde se dinamizaron institucións que xa existían. O capital galego exiliado en Bos Aires acolleu a Castelao, Díaz Pardo, Pita e Blanco Amor, entre outros. A labor destes homes foi moi importante para non deixar axudar a esa repentina fractura, e integrou novas e vellas xeracións que tiveron a oportunidade de seguir escribindo en galego fóra da terra.
A literatura do exilio está marcada pola guerra, a nostalxia da terra e temas sociais.
Poesía
Na poesía, a nostalxia pola terra abandonada e a chamada cívica en defensa dos dereitos humanos e a denuncia da inxustiza social son constantes. Destacan Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita (xa rota pola guerra). Seoane (1910), promotor e activista do movemento cultural galego, iniciou o realismo social na poesía galega co fardel do exiliado (aínda que o exilio foi un fracaso). En Na bretema (1955), Santiago e As cicatrices (1959), centra o coñecemento histórico e cultural. Emilio Pita (Coruña, marcha a Bos Aires, 1942; Jacobusland, Debux Castelao) reflicte os temas sociais e a traxedia da Guerra Civil. Con Cantigas de nenos (1944) e Os relembros, e en N'as cantigas (1959) aparece tamén o tema da saudade e do paraíso perdido. Destaca na súa poesía a presenza da musicalidade.
Lorenzo Varela naceu na Habana, de neno volveu a Galicia. Despois da guerra volveu marchar, exiliado a México e Bos Aires. Alí publicou 44' 4 poemas (cuxa xra 4 grabados), e outros que exaltan personaxes significativos do pasado. En 1954 editou Lonxe, a súa obra máis importante, que mestura intimismo cunha nostalxia da terra perdida. Foi un poeta social que denunciou a inxustiza e se comprometeu coa terra asoballada.
Narrativa
Nesta narrativa temática céntrase na guerra e na lembranza da terra. Non agardei por ninguén, de Ramón de Valenzuela, foi a primeira novela galega con tema da Guerra Civil. Silvio Santiago escribiu Vilardevós, publicada na volta a Galicia. Exalta o popular e reflicte os costumes, a partir das lembranzas de cando era neno e mozo nun medio rural. Nesta tendencia están as memorias dun neno labrego (1961) de Neira Vilas, A esmorga (1959) e Blanco Amor, que é a historia de tres personaxes a través da declaración dun deles. Destaca xa a modernidade técnica narrativa.
Teatro
A actividade teatral foi intensa en América: crearon compañías, fomentaron a creación e a representación. Permitiu representar por primeira vez Os vellos non deben namorarse, levado á escena en Bos Aires (1941). Hai dúas direccións: unha primeira, popular, de estilo costumista representada por Manuel Varela Buxán. As obras deste autor, de estilo costumista, asentan a crítica social (O Ferreiro de Satán, Taberna sen dono, A xustiza dun mariñeiro). Non obstante, tamén escribiron obras que superan o costumismo, producindo un teatro galego moderno. Destaca A soldadeira de Luis Seoane, ambientada na revolta irmandiña, e as farsas para títeres de Blanco Amor, con técnicas vangardistas. Tamén escribiu teatro máis popular, sen renunciar á innovación técnica, que recolle o teatro para a xente.
No exilio existiu unha actividade literaria incesante, ata que, coa democracia en Galicia, foi posible unha certa normalidade literaria.