A desamortización no século XIX: propiedade da terra e reforma agraria
A desamortización no século XIX
No século XIX, tanto o réxime de propiedade da terra como as actividades agrarias transformáronse radicalmente. No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a produción agrícola e a propiedade da terra. Por iso, a burguesía liberal consideraba imprescindible realizar unha reforma agraria coa finalidade de converter a propiedade da terra nun ben libre, privado, particular e individual.
Para facelo era preciso: abolir o réxime señorial, desamortizar as terras eclesiásticas e comunais, desvincular os morgados, suprimir as servidumes colectivas e o décimo eclesiástico, e autorizar a liberdade de cultivos, o cerramento dos campos e a libre compravenda das terras.
(En el siglo XIX la burguesía era un sistema económico capitalista con propiedades privadas. El régimen señorial ya estaba abolido desde las Cortes de Cádiz. Las tierras eclesiásticas y comunales pertenecían al clero. Las tierras pasarán a ser privadas.)
A medida máis importante relacionada coa transformación da propiedade da terra foi a desamortización, consistente na venda, en poxa pública, dos bens rústicos e urbanos pertencentes ás mans mortas eclesiásticas e dos baldíos e terras de comúns e propios dos concellos. O proceso desamortizador foi longo, debido tanto á masa de bens afectados como aos avances e retrocesos provocados polas disputas políticas e ideolóxicas.
Neste sentido, cómpre ter en conta que os gobernos liberais progresistas eran firmes partidarios da desamortización, pero eran contrarios os absolutistas e a Igrexa, que consideraba os seus bens como patrimonio de Xesucristo e propiedade sagrada e inviolable. A desamortización foi paralizada polos gobernos liberais moderados.
(La burguesía quería tierras. El campesino no puede tener tierras, por eso los jornaleros aumentan. Se amortizan las tierras de común, es decir, del pueblo. El objetivo de las desamortizaciones era financiar la guerra carlista y buscar apoyos al liberalismo. Un jornalero le pagaba al siervo.)
As primeiras medidas desamortizadoras
Foron os ilustrados quen iniciaron a análise e o estudo das medidas que se debían tomar para mellorar a agricultura e modificar o réxime de propiedade da terra. Entre esas medidas, sintetizadas por Jovellanos no seu Informe sobre a Lei Agraria de 1795, estaban a desvinculación dos morgados e a transformación das terras de mans mortas e comunas en propiedade particular. As súas propostas non se levaron á práctica, pero serviron de base para xustificar as medidas que se adoptarían posteriormente.
Foi en 1798 cando, ante as dificultades facendísticas provocadas polas constantes guerras contra Inglaterra, o Goberno levou a cabo o primeiro intento desamortizador, que se coñece como a desamortización de Godoy.
(Las primeras medidas desamortizadoras fueron reformistas dentro del contexto de la monarquía ilustrada. El que trabajaba la tierra no iba a ser propietario de ella. El movimiento obrero se agudiza después de la desamortización: o emigran o crean un partido llamado CNT.)
As guerras carlistas
En 1833, tras a morte de Fernando VII e a proclamación como raíña de Isabel II, producironse en distintos lugares de España levantamentos ultrarrealistas nos que se recoñecía como rei a Carlos de Borbón. Estas proclamacións dividiron os españois en dous bandos irreconciliables: os carlistas, defensores do absolutismo e de Carlos, e os isabelinos, realistas moderados e liberais, partidarios de Isabel, e deron lugar á primeira das guerras carlistas.