Conceptos Clave de Xeografía Humana e Física en Galicia
Conceptos Clave de Xeografía
Demografía e Poboación
Poboación activa É aquela que está comprendida entre os 16 e os 65 anos que está ocupada ou en paro. Quedan excluídos dentro deste sector de idade aquelas persoas que son estudantes, amas de casa, pensionistas por razóns de invalidez, os discapacitados e os rendistas. Esta taxa en España medrou coa incorporación da muller ao mundo laboral e a chegada dos inmigrantes entre mediados da década dos 90 e o 2008.
Esperanza de vida Son os anos que se espera que viva unha persoa nacida nun país de acordo co sistema médico sanitario existente no momento de nacer. No caso español esta taxa foi incrementándose ao longo do s. XX desde os 35 anos ata chegar á actualidade, onde temos unha...