Notes, summaries, assignments, exams, and exercises for Employment training and career guidance for Primary education

The Impact of Technology on Modern Life: A Comprehensive Analysis

Employment training and career guidance4.97 KB

Control System: Sistema de control HVAC is important in the design of medium to large industrial and Office buildings such asskyscrapers. Intercom: intercomunicador.Master panel: panel principal.Motion detection: detector de Movimiento.Motorized valvevs: Valvulas motorizadas. Shading: Sombreado Billing cicle:ciclo de Facturacion.Watts: vatios Rocket:cohete Transponders:transpondedores.Printed Circuit board: placa de circuito impreso.

PROS CONTRAS MOVIL:Mobile phones are becoming increasingly popular Nowadays.Everbody has one or more mobiles. It is very important role in our Lives. Young people usually feel they cannot live without their mobile.On the One hand, mobile phones are very practical in many everday life situations. You Save a lot of...

Continue reading "The Impact of Technology on Modern Life: A Comprehensive Analysis" »

A Reforma Agraria Liberal: As Desamortizacións en España

Employment training and career guidance5.79 KB

A reforma agraria liberal: as desamortizacións

No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a produción agrícola e a propiedade da terra. Sobre a terra existía unha propiedade compartida onde o dereito eminente era ostentado polos titulares dos dominios (os señores: nobreza e clero) e un dereito de uso que era exercido polo campesiñado, quen, carecendo do dominio pleno da terra, debía pagar un canon ou renda aos señores. O patrimonio nobiliar estaba protexido pola figura xurídica do morgado, mentres que a Igrexa posuía os denominados bens de mans mortas (doazóns que persoas falecidas entregaban á Igrexa), que non podían ser comprados nin enaxenados.

Por iso, a burguesía liberal consideraba...

Continue reading "A Reforma Agraria Liberal: As Desamortizacións en España" »

Neotrobadorismo e Hilozoísmo: Vangardas na Poesía Galega

Employment training and career guidance3.31 KB

Neotrobadorismo

Neotrobadorismo

O descubrimento e a difusión da poesía medieval galego-portuguesa contribuíu á aparición dun ismo orixinal da literatura galega: o neotrobadorismo.

É un movemento fundamentalmente esteticista. O seu iniciador foi Fermín Bouza Brey, e o cultivador máis excelso foi Álvaro Cunqueiro. A poesía neotrobadoresca recupera recursos estilísticos da lírica medieval (paralelismo, refrán, leixapren) e está suxeita á estrofa, ó cómputo silábico e á rima. Esta poesía caracterízase por unha extraordinaria perfección formal.

O neotrobadorismo conecta o espírito dos Cancioneiros coa sensibilidade do século XX. As obras máis destacadas desta corrente son Nao senlleira (1933) de Bouza Brey e Cantiga nova que

...
Continue reading "Neotrobadorismo e Hilozoísmo: Vangardas na Poesía Galega" »

Conquista e Romanización da Península Ibérica: Etapas, Administración e Legado

Employment training and career guidance3.98 KB

Conquista e romanización

Etapas da conquista, elementos de romanización: organización político-administrativa do territorio, lingua e cultura, obras públicas.

Primeira etapa: a conquista da costa mediterránea

Roma comezou a mostrar interese pola Península Ibérica no contexto da Segunda Guerra Púnica (218-201 a.C.), o conflito que enfrontou a Roma con Cartago polo dominio do Mediterráneo Occidental. Tras a petición de axuda de Sagunto aos romanos, estes desembarcaron en Emporion, liderados por Publio e Cneo Escipión, para cortar o subministro ao xeneral cartaxinés Aníbal, que marchara a Roma. Así deron comezo á conquista da franxa costeira mediterránea da península, o tramo baixo do val do Ebro e o val do Guadalquivir entre o...

Continue reading "Conquista e Romanización da Península Ibérica: Etapas, Administración e Legado" »

Orixe e Evolución do Galego: Substrato, Latín e Superestrato

Employment training and career guidance4.24 KB

Orixe e evolución do galego

O galego é o resultado da evolución, no noroeste da Península Ibérica, do latín vulgar traído polos colonizadores romanos. Para entendermos esta evolución, debemos ter en conta tamén os diferentes estratos lingüísticos orixinados polos desprazamentos dos pobos coas súas culturas e linguas; é dicir, as diferentes linguas que se foron superpoñendo, unhas desaparecendo e outras non, ao longo do tempo.

No territorio coñecido como Gallaecia polos romanos (hoxe Galicia) falábanse linguas sen unidade ningunha. A esas linguas chámaselles substrato do latín, pola influencia que como linguas nativas ou indíxenas exerceron sobre a lingua que se implantou no mesmo territorio. Polo tanto, o substrato lingüístico...

Continue reading "Orixe e Evolución do Galego: Substrato, Latín e Superestrato" »

Procesos Xenéticos, Mutacións e Enxenería Xenética

Employment training and career guidance3.19 KB

Procesos Xenéticos e Enxenería Xenética

Cada un ten un número específico de nucleótidos. A transcrición é o proceso polo que se sintetiza unha cadea de ARNm a partir dun fragmento de ADN. Ten lugar no núcleo das células eucariotas ou nucleocitoplasmas eucariotas (iniciación, elongación e terminación).

A tradución é o proceso polo cal se sintetizan as proteínas a partir do ARNm e coa axuda do ARNt e os ribosomas. Ten lugar no citoplasma (iniciación, elongación e terminación).

Tipos de Mutacións Xenéticas

Unha mutación é un cambio no ADN que ten efectos sobre a expresión. Tipos:

  • Xénica: Afectalle á secuencia de nucleótidos implicados; prodúcese por substitución (cambio dun nucleótido por outro), adición (engádese só
...
Continue reading "Procesos Xenéticos, Mutacións e Enxenería Xenética" »

Glosario de Xeografía Urbana e Territorial: Conceptos Clave

Employment training and career guidance9.59 KB

Glosario de xeografía urbana e territorial

Xeografía: nun sentido amplo pódese dicir que a xeografía estuda a superficie terrestre considerada como morada do home.

Xeografía física: parte da xeografía xeral que analiza os feitos que configuran as paisaxes terrestres nos seus aspectos inorgánicos e orgánicos, marxinando os debidos á acción humana, salvo como alteradores dos primeiros.

Xeografía humana: parte da xeografía que estuda a diferenciación da paisaxe cultural (modificada pola acción do home), así como as relacións do home e o medio.

Rexión: división espacial básica na xeografía, que vén definida por uns trazos que lle dan coherencia interna. O concepto de rexión é moi amplo e indefinido, e pode ter distintas concepcións...

Continue reading "Glosario de Xeografía Urbana e Territorial: Conceptos Clave" »

O Galego Durante o Franquismo: Exilio, Recuperación e Diglosia

Employment training and career guidance6.38 KB

O exilio

O exilio: o triunfo do franquismo supuxo a supresión das liberdades e a implantación dun novo organismo que exalta a unidade política e reprime calquera manifestación de diferencialismo. O galego converteuse practicamente nunha lingua clandestina de uso familiar e coloquial, sendo perseguido o seu uso público. Entre 1936 e 1950, a fase máis dura do franquismo, coa práctica imposibilidade de publicar en galego no noso país, seguiuse como único camiño a loita cultural desde o exilio.


Recuperación editorial Galaxia

Recuperación editorial Galaxia: pouco antes dos anos 50 apareceron intentos de recuperar a labor cultural e literaria interrompida pola guerra. En 1947 publicouse Cómaros verdes, de Ánxel Alvariño, primeiro libro

...

Continue reading "O Galego Durante o Franquismo: Exilio, Recuperación e Diglosia" »

Marxismo vs Anarquismo: Historia, Ideas e a Primeira Internacional

Employment training and career guidance2.77 KB

Marxismo: Teoría e Principios

Segundo Marx, a historia avanza grazas á loita de clases: sempre hai opresores e oprimidos, e estes deben loitar. Por iso Marx se considera revolucionario e apoia as revolucións.

Marx critica o capitalismo e sostén que a súa base é a plusvalía, é dicir, o 20% do salario que os xefes non pagan ao traballador.

Para acabar coa desigualdade, Marx propón que o proletariado se revolucione e estableza a ditadura do proletariado. Unha vez logrado isto, eliminaríanse a propiedade privada e as clases sociais, chegaríase a unha sociedade comunista e, por último, desaparecería o Estado, xa que sería innecesario. Non chegaron a levar todo isto a cabo.

Anarquismo

Creador: Bakunin

O anarquismo é unha teoría política...

Continue reading "Marxismo vs Anarquismo: Historia, Ideas e a Primeira Internacional" »

Nazismo na Alemaña: Da Crise de Weimar ao Poder de Hitler

Employment training and career guidance3.32 KB

Nazismo: a gran depresión e a crise da democracia alemá

A gran depresión de 1929-1932 supuxo un devastador golpe para a democracia alemá e impulsou o nazismo ao poder. En xaneiro de 1919, a nova república sufriu a súa primeira crise coa insurrección dos espartaquistas (partidarios de seguir o exemplo bolxevique e instaurar unha república socialista), na que asasinaron aos dous dirixentes. Esta república tamén foi atacada polos Freikorps (extrema dereita).

Nesta crise celebráronse eleccións á Asemblea Constituínte en Weimar, onde se elaborou unha constitución que estableceu unha república federal democrática. O seu presidente foi Ebert. Tras estas eleccións, o Partido do Centro, o Partido Democrático e o Partido Socialdemócrata...

Continue reading "Nazismo na Alemaña: Da Crise de Weimar ao Poder de Hitler" »