O Galego Durante o Franquismo: Exilio, Recuperación e Diglosia

Employment training and career guidance6.38 KB

O exilio

O exilio: o triunfo do franquismo supuxo a supresión das liberdades e a implantación dun novo organismo que exalta a unidade política e reprime calquera manifestación de diferencialismo. O galego converteuse practicamente nunha lingua clandestina de uso familiar e coloquial, sendo perseguido o seu uso público. Entre 1936 e 1950, a fase máis dura do franquismo, coa práctica imposibilidade de publicar en galego no noso país, seguiuse como único camiño a loita cultural desde o exilio.


Recuperación editorial Galaxia

Recuperación editorial Galaxia: pouco antes dos anos 50 apareceron intentos de recuperar a labor cultural e literaria interrompida pola guerra. En 1947 publicouse Cómaros verdes, de Ánxel Alvariño, primeiro libro editado en galego despois da guerra civil no noso país. A partir dos 50, as medidas represivas contra o galego atenuáronse. En 1950 morreu Castelao, o máximo referente da acción política nacionalista no exilio, e disolveuse o Partido Galeguista.

Ese mesmo ano, un grupo de galeguistas, entre os que destacan Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Fernández del Riego, creou a editorial Galaxia, que logo se converteu no centro principal do movemento intelectual de Galicia e no principal vehículo para a recuperación do galego no ámbito escrito durante esta época. Centrou os seus esforzos en recuperar para a lingua e a literatura galegas o prestixio cultural, para o que traballara na posguerra o grupo Nós.


Décadas de 60 e 70

Décadas de 60 e 70: un feito moi destacable na década dos 60 foi a reorganización do nacionalismo político na clandestinidade. Fundáronse a UPG e o PSG, partidos políticos de esquerda nacionalista que desenvolveron un importante labor social e empregaron o galego como lingua vehicular de toda a súa actividade reivindicativa, así como numerosas asociacións culturais defensoras da cultura galega.



Aspectos sociolingüísticos

Aspectos sociolingüísticos: xeneralízase o ensino público, facéndose obrigatoria a escolarización en todo o nivel básico, e impónse o ensino en castelán en todo o Estado. O galego quedou totalmente á marxe do sistema educativo, o que incrementa o seu desprestixio.

-- Os novos medios de comunicación, como a radio e posteriormente a televisión, popularízanse enormemente entre a poboación. De ambos medios está excluído o galego, que agarda ata 1974 para atopalo nos estertores do réxime.

--- A emigración fai que moitos galegos desprazados a zonas de fala castelá abandonen a lingua propia, e que este uso do castelán contribúa á súa consideración como lingua útil, fronte ao galego como lingua de atraso. Ademais, comeza a castelanización do medio rural e a emigración ao interior.

--- O emprego do galego na igrexa continúa a ser insignificante.




Diglosia

Diglosia: entendemos por diglosia a coexistencia non igualitaria de dúas linguas nun mesmo territorio, de xeito que unha delas, a denominada hexemónica ou lingua dominante, asume a maioría dos usos formais e cultos, e a outra, denominada minorizada ou dominada, queda restrinxida maioritariamente aos usos informais e coloquiais.


Prexuízos

Prexuízos:

Falta de utilidade do galego (o galego illámonos do exterior e non serve para falar fóra de Galicia; empregase con frecuencia á hora de animar aos galegos a que empreguen o castelán, idioma que presenta evidentemente un territorio lingüístico máis amplo e unha importante función internacional).

O galego é unha lingua máis pobre có castelán (é un dos máis vellos prexuízos sobre o galego, que propagou a falsa idea de que este idioma non era válido para certos usos cultos).

O galego é unha lingua rural de pobres e ignorantes (outro vello prexuízo, responsable en gran parte da deserción do galego por parte das clases populares, que pretendían medrar socialmente, e da ruptura da transmisión intergeneracional da lingua).

Caracterización pexorativa do galego e incompetencia dos seus falantes (caracteriza o galego como unha lingua rúa, pouco elegante e propia da xente ignorante, e presenta os seus falantes como incapaces de empregala con corrección. Este prexuízo é asumido con naturalidade por unha importante porcentaxe de galegofalantes).

O galego é un idioma inventado (todo proceso de estandarización das linguas ten unha parte de artificiosidade ou arbitrariedade na escolla da variante que se considera culta fronte ás distintas variedades reais; isto sucede no galego como en calquera outra lingua).

O galego é un idioma imposto (é un prexuízo novo, pois o abandono absoluto por parte dos poderes e os atrancos para exercer o seu uso durante unha gran parte da historia desta lingua farían impensable que alguén mantivese tal afirmación).

O galego subsiste grazas ás subvencións (é outro dos novos prexuízos, como consecuencia da política de subvencións ao emprego da lingua galega por parte das administracións autonómica e locais).

O galego como marca ideolóxica e política (a identificación dos falantes galegos cunha determinada ideoloxía ou mesmo cunhas siglas políticas concretas é moi negativa para a saúde do idioma).

O uso do galego como unha descortesía perante persoas foráneas (é normal que os galegos pensemos que nos temos que adaptar aos costumes e á lingua propia doutro país ao que imos, pero non é normal que pensemos que debemos ser nós os que nos debamos adaptar á lingua das persoas foráneas castelanfalantes que viven na nosa comunidade e non fan ningún esforzo por aprender a nosa lingua).

Download

PDF Word HTML