A rede urbana da UE e España: Rangos, Megacidades e Retos Culturais

Employment training and career guidance3.3 KB

A rede urbana da UE e España

En España podemos distinguir 6 rangos urbanos:

  • Nun primeiro nivel sitúanse as áreas metropolitanas de Madrid e Barcelona, que constitúen metrópoles altamente globalizadas.
  • Nun segundo nivel están as grandes cidades nacionais, que teñen tamén unha importante proxección internacional.
  • Nun nivel inferior encóntranse os centros urbanos rexionais, que desenvolven un papel fundamental como distribuidores de servizos especializados nas súas Comunidades Autónomas ou provincias.
  • As cidades medias e outras capitais de provincia forman o seguinte nivel.
  • No quinto sitúanse as cidades pequenas, que teñen un ámbito de influencia máis reducido e tamén menos poboación.
  • No nivel inferior están as cabeceiras comarcais, localizadas máis pequenas que as anteriores e que abastecen de servizos básicos as súas comarcas.

Grandes aglomeracións e megacidades

  • Unha aglomeración urbana é o resultado da expansión dunha cidade principal ou metrópole.
  • Cando varias cidades medran e as súas áreas metropolitanas chegan a unirse, forman unha conurbación.
  • Ás veces enlázanse varias conurbacións e orixinan unha megalópole.

Outro trazo característico de hoxe en día é o aumento das megacidades.

A maioría da poboación urbana mundial vive en cidades medianas e pequenas.

Nos países desenvolvidos están estancadas e incluso perderon poboación en beneficio da súa área metropolitana. Denomínase dispersión urbana o proceso polo que o crecemento da área metropolitana é superior ao da cidade central.

Nos países menos desenvolvidos as grandes cidades, e en particular as capitais, seguen aumentando a súa poboación, xa que concentran as escasas actividades modernas, como comercios e empresas multinacionais, e a maior parte dos empregos da administración.

Os retos culturais das cidades

O patrimonio cultural das cidades: dous tipos:

  • O patrimonio material: fai referencia aos monumentos, museos... As veces o valor cultural non depende de pezas illadas, senón da existencia de moitos deles formando conxuntos históricos.
  • O patrimonio inmaterial ou intanxible: relacionado coas festas, artesanías, costumes e todo aquilo que ten que ver cos símbolos e coas formas de vida dunha cidade.

A homoxeneización da vida urbana: a globalización contribuíu a que os modos de vida dos habitantes das cidades sexan cada vez máis homoxéneos. De aí que o patrimonio cultural material e inmaterial sexa un dos retos da nosa época.

A cidade, un espazo multicultural

O respecto e a integración doutras culturas é outro dos grandes retos das cidades actuais.

Download

PDF Word HTML