Rosalía de Castro: Poemas Costumistas, Intimistas e Sociais
Poemas costumistas, intimistas e sociais de Rosalía de Castro
2.- Poemas costumistas. Neles, Rosalía realiza unha exaltación de costumes, festas, tradicións e personaxes populares, cunha clara intención de demostrar que estas manifestacións culturais teñen a súa dignidade e a súa función dentro da colectividade que as creou e que as usa para a súa diversión (“Un repoludo gaiteiro”, “Nosa Señora da Barca”...). Os temas costumistas, sen embargo, poden ter en Rosalía unha inversión de tipo irónico, como sucede en “San Antonio bendito”.
3.- Poemas intimistas (“Campanas de Bastabales”, “Como chove miudiño”). Nestes, o suxeito lírico é a propia autora. Son poemas menos alegres e máis nostálxicos, nos que comeza...