Cantigas de Escarnio e Maldizer: Sátira, Tipoloxía e Temas na Lírica Galego-Portuguesa

Greek3.01 KB

As Cantigas de Escarnio

As cantigas de escarnio falaban mal dalgunha persoa. Era sátira persoal e nela empregábanse palabras de dobre entendemento mediante o equívoco. Satirizaban de forma indirecta e encuberta.

As Cantigas de Maldizer

As cantigas de maldizer falaban mal de forma aberta. Implicaban unha sátira clara e directa na que se lle chamaba ás cousas polo seu nome.

Tipoloxía e Principais Ciclos Temáticos

Temática

Tipos sociais, costumes, institucións... As cantigas son un espello da sociedade da época, pero sobre todo da mentalidade do home medieval: dos seus valores, prexuízos, obsesións e medos. Un gran número de cantigas teñen como destinatario das burlas as mulleres. En contraste coa idealización propia da lírica amorosa, atopamos nelas un retrato cruel da muller. A dimensión do mundo feminino redúcese á sexualidade. As mulleres xunto cos homosexuais son vítimas desa mentalidade androcéntrica.

Todo aquilo que se aparta da norma cortés do home cabaleiro cristián é atacado nestas composicións: os xudeus e os árabes, os médicos e mercadores, os eclesiásticos, os cabaleiros pobres e os nobres covardes. Ás veces as vítimas dos ataques son os propios compositores das cantigas, xa que un dos motivos habituais das sátiras é a crítica á falta de habilidades literarias dos poetas.

Tipoloxía das Cantigas de Burlas

Sátira política

Críticas aos cabaleiros que entregaron os seus castelos a Afonso III o Bolonhés na guerra portuguesa, e críticas de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada.

Sátira literaria

Ten como motivo a propia literatura e os seus autores. Destacan os enfrontamentos entre xograres e trobadores ao reclamaren os xograres un rol de compositores e suxeitos do amor cortés, as paródias do código do amor cortés, nas que se ridiculizan os motivos temáticos ou a linguaxe das cantigas de amor, e o ciclo das amas e tecedeiras.

Sátira social de tipos e costumes

Críticas á avaricia, ás crenzas na astroloxía e a adiviñación, e ás modas. Os infanzóns e cabaleiros pobres son ridiculizados polas súas pretensións nobiliarias e a pobreza na que viven, e os crego, frades e monxas son censurados polos seus vicios pouco cristiáns.

Sátira obscena

Sátira de carácter escatolóxico e sexual.

Lingua e Forma das Cantigas de Burlas

Linguaxe directa, adecuada aos temas que desenvolven. O léxico empregado é concreto e propio dun rexistro vulgar.

Non teñen métrica nin estrutura formal propias, e empregan tipos de estrofas e recursos literarios propios da cantiga de amor.

A estrutura consta dunha primeira estrofa que presenta o motivo central da composición, onde se cita polo seu nome o personaxe satirizado cando a sátira é persoal, e das demais que glosan a burla inicial mediante recursos paralelísticos. Destaca a narratividade.

Equívoco

Xogar co dobre sentido das palabras.

Download

PDF Word HTML