Rosalía de Castro: Poemas Costumistas, Intimistas e Sociais
Poemas costumistas, intimistas e sociais de Rosalía de Castro
2.- Poemas costumistas. Neles, Rosalía realiza unha exaltación de costumes, festas, tradicións e personaxes populares, cunha clara intención de demostrar que estas manifestacións culturais teñen a súa dignidade e a súa función dentro da colectividade que as creou e que as usa para a súa diversión (“Un repoludo gaiteiro”, “Nosa Señora da Barca”...). Os temas costumistas, sen embargo, poden ter en Rosalía unha inversión de tipo irónico, como sucede en “San Antonio bendito”.
3.- Poemas intimistas (“Campanas de Bastabales”, “Como chove miudiño”). Nestes, o suxeito lírico é a propia autora. Son poemas menos alegres e máis nostálxicos, nos que comeza a perfilarse a Rosalía intimista que aparecerá en Follas novas.
4.- Poemas sociais e patrióticos. Neste grupo podemos incluír:
- Poemas escritos desde o eu lírico da propia Rosalía: “A gaita gallega”, resposta a un poema de igual título do poeta español Ruiz de Aguilera, no que se preguntaba se a gaita galega chora ou canta cando toca.
- Poemas postos en boca de outras persoas, como “Castellanos de Castilla”.
O Rexurdimento
O Rexurdimento é un movemento de recuperación da literatura galega que se produce ao longo do século XIX, marcando o inicio da literatura galega contemporánea. Os principais estandartes son Rosalía, Curros e Pondal, xa que foron os primeiros en escribir literatura considerada culta, cunha temática determinada e sempre coa defensa dos galegos e da lingua.
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro ocupa un lugar moi importante no século XIX. Os seus manifestos feministas e o seu avanzado pensamento político e social convértena nunha figura literaria que atrae o interese. Contribuíu como ningún outro autor do seu tempo na creación do sistema literario galego contemporáneo. Algunhas das súas obras son Follas novas, En las orillas del Sar e Cantares gallegos. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves das ideas da Galicia contemporánea.
Recursos estilísticos
Os poemas de Cantares gallegos teñen unha forma moi sinxela, con recursos moi populares. Rosalía abusa das comparacións e deixa de lado a metáfora. Abundan os paralelismos, as anáforas e as repeticións.